Johann Balthasar Held

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohann Balthasar Held
Biografía
Nacementoséculo XVII Editar o valor em Wikidata
Morte1709 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconstrutor de órganos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Johann Balthasar Held, finado en 1709, foi un respectado construtor de órganod en Lüneburg e Stettin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Held foi traballador do taller de Georg Nitrowski en Gdańsk (Danzig) entre 1672 e 1675, e posteriormente mestre traballador do taller de Arp Schnitger. Entre outros traballos, Held axudou na construción do órgano de St.-Katharinenkirche. Logo de traballar no órgano de Martinikerk en Groningen entre 1691 e 1692, Held trasladouse a Lübeck, onde levou a cabo varios proxectos de órganos, así como reparar o órgano de Dietrich Buxtehude en 1695. En 1701, coñeceu a Johann Sebastian Bach en Lüneburg mentres realizaba reparacións no órgano da Igrexa de San Miguel da cidade alemá. Con el o xove Bach aprendeu máis sobre a construción de órganos.[1] Morreu en 1709.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. classichistory.net (ed.). "Johann Sebastian Bach - His early life" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]