Jogyesa
Jogyesa | |
---|---|
País | Corea do Sur |
Localización | Seúl |
Coordenadas | 37°34′26″N 126°58′55″L / 37.57391389, 126.98190278 |
Páxina web | http://www.ijogyesa.net/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O templo de Jogyesa é considerado o núcleo do budismo zen en Corea. O templo é sede da oficina principal da administración do budismo coreano e a sala onde se realiza a asemblea xeral, entre outras instalacións. Jogyesa asenta sobre unha das principais arterias do centro da cidade de Seúl, a rúa de Insa-dong, pertencente ao distrito da cidade, ou gu, de Jongno. Preto do palacio de Gyeongbokgung e do Museo Nacional de Corea.
O templo
[editar | editar a fonte]O nome deriva da montaña Jogyesan, lugar asociado pola cultura budista ás meditacións do monxe Hyeneungdaesa. Segundo a lenda, dentro da pagoda atópanse soterradas as cinzas de Buda, traídas no ano 1914 por un monxe cingalés.[1]
O patio do templo é presidido por un piñeiro, que segundo os rexistros conta con máis de 500 anos de idade. Posúe unha altura de 12 m, cun diámetro de 1,67 m. Na saída lateral do templo atópase unha acacia de 400 anos de idade, cunha altura de 24 m.
Recentralizaciòn durante a ocupaciòn xaponesa
[editar | editar a fonte]No ano 1920, baixo orde dos colonos xaponeses na illa de Corea revisouse a administraciòn dos 31 templos budistas do paìs para recentralizala dende unha soa oficina, aberta no templo de Kakwangsa (antigo nome de Jogyesa) O que falicitou o control do goberno xaponès sobre os templos. [2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Entrada dende a Insa-dong.
-
Estatua budista en Jogyesa.
-
Jogyesa decorado cun teito de lanternas, abril de 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peterson, Mark (2016). KOREA’S RELIGIOUS PLACES. The Academy of Korean studies.
- ↑ Harris, Ian (2001). Buddhism and politics in twentieth-century Asia. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-5178-1.