Saltar ao contido

Joaquín Álvarez Piña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Álvarez Piña
Biografía
Nacementoc. 1891 Editar o valor en Wikidata
Arbo, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Alcabre, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, traballador ferroviario Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7654

Joaquín Álvarez Piña, nado en Arbo cara a 1891 e finado en Alcabre (Vigo) o 22 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maquinista do ferrocarril, veciño de Vigo. Foi vogal do Consejo Obrero Ferroviario del Oeste.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas na praia de Alcabre o 22 de decembro de 1936 con Antonio Barredo Rodríguez, Juan de la Cruz García Coco, Eloy Fernández Alonso, Constantino Pérez Durán, Matías González Montero e José Moralejo Santos.