Joaquín Iglesias Cabana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Iglesias Cabana
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Iglesias Cabana, nado na Coruña cara a 1892 e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1936, foi un tipógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo. Foi reelixido presidente da Juventud Socialista Ferrolana en maio de 1919.[1] Membro da UGT e dirixente da Agrupación Socialista da Coruña da que foi secretario en 1929,[2] reelixido o 26 de xaneiro de 1930 e novamente reelixido o 26 de febreiro de 1931. En marzo de 1931 foi elixido candidato para as eleccións municipais.[3] En maio de 1935 foi elixido secretario xeral do Comité da Federación socialista coruñesa.[4] Participou na fundación da sociedade Liga de Inquilinos de La Coruña en 1932, da que foi elixido vogal e foi presidente da xunta directiva fundadora da Cooperativa Española de Casas Baratas Pablo Iglesias da Coruña en maio de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no distrito coruñés o 16 de setembro con Manuel Andrade Deibe, Pedro Galán Calvete e José Manuel Álvarez Álvarez.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Celia Seoane.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 15-5-1919, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 18-12-1929, p. 5.
  3. El Pueblo Gallego, 1-4-1931, p. 4.
  4. El Pueblo Gallego, 28-5-1935, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]