Jimmy Savile: A British Horror Story

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jimmy Savile: A British Horror Story
Dirixido porRowan Deacon
IntérpretesJimmy Savile
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios2
Produción
Duración79–91 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio6 de abril de 2022
Na rede
IMDB: tt18970454 Rottentomatoes: tv/jimmy_savile_a_british_horror_story Netlix: 81520549Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jimmy Savile: A British Horror Story é unha serie documental estadounidense de Netflix estreada en abril de 2022. A serie trata sobre a vida e carreira da personalidade de televisión británica Jimmy Savile, o seu historial de abusos sexuais e o escándalo que se produciu logo de destaparse á opinión pública tras a súa morte en 2011, momento no que se presentaron numerosas acusacións sobre o seu comportamento.

Acollida[editar | editar a fonte]

Nunha recensión para The Independent, Louis Chilton declarou " O documental en dúas partes de Netflix é un retrato lixeiro e ocasionalmente devastador da vida malvada de Savile, pero o tema resulta demasiado espiñento para o tratamento estándar do crime real".[1] Carol Midgley para The Times dixo "... como todos os documentais sobre este pervertido noxento, desagradable de ver. Isto non se debe só ao detalle espantoso, como Savile metendo rutineiramente os dedos na vaxina das nenas e prometerlle a adolescentes con problemas viaxes aos estudos da BBC a cambio de sexo oral. Tamén é incómodo porque, como sabemos, a nación louvaba, adoraba a un heroe e, de feito, nomeaba cabaleiro a un pedófilo psicópata."[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chilton, Louis (7 de abril de 2022). "Jimmy Savile: A British Horror Story gives a monster the Netflix treatment – review". The Independent. Consultado o 9 de abril de 2022. 
  2. Midgely, Carol (6 de abril de 2022). "Jimmy Savile: A British Horror Story review — how we lauded a pervert and failed his victims". thetimes.co.uk/. Consultado o 9 de abril de 2022.