Jesse Stone: Campo de regatas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Jesse Stone: Campo de regatas
Ficha técnica
Título orixinalJesse Stone: Sea Change
DirectorRobert Harmon
ProdutorSteven J. Brandman
GuiónRonni Kern
Baseado enSea Change de Robert B. Parker
IntérpretesTom Selleck
Kathy Baker
Kohl Sudduth
MúsicaStewart Copeland
FotografíaRene Ohashi
MontaxeRoberto Silvi
EstudioBrandman Productions
DistribuidoraCBS
EstreaFlag of the United States.svg 22 de maio de 2007
Galicia 11 de xaneiro de 2013 (TVG)
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroThriller
Filme anteriorJesse Stone: Death in Paradise
Filme seguinteJesse Stone: Thin Ice

Jesse Stone: Campo de regatas (en inglés: Jesse Stone: Sea Change) é un telefilme estadounidense de misterio dirixido por Robert Harmon que foi estreado no 2007. Está baseado na novela Sea Change de Robert B. Parker e é o cuarto dos oito telefilmes baseados nas novelas da personaxe de Jesse Stone. Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2013.

Argumento[editar | editar a fonte]

Jesse Stone é un ex policía dos Ánxeles vido a menos cuxa maior batalla agora é contra o alcohol. Para calar ós demos internos do seu pasado que tanto o atormentan, Jesse decide retomar o caso dun asasinato cometido dez anos atrás. Refuxiado na pequena cidade de Paradise, Jesse reabre unha investigación sen resolver na que descubrirá probas nunha antiga tumba e perseguirá as pantasmas do esquecido crime. Pero non será só o pasado da vítima e do asasino o que sairá á luz, senón tamén o seu propio.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]