Jesús Soria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jesús Soria González»)
Infotaula de personaJesús Soria
Biografía
Nacemento15 de abril de 1881 Editar o valor em Wikidata
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Soria González, nado en Avilés o 15 de abril de 1881[1] e finado en Ourense en xaneiro de 1951[2], foi un pintor, profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nunha homenaxe a Marcelo Macías en 1917, de pé (de esq. a der.): Losada Diéguez, José Osorio Martínez, Julio A. Cuevillas, Emilio Vázquez Pardo e Jesús Soria. Sentados: Manuel Cambón Fraga, Antonio Gaite Lloves, Benito Fernández e Emilio Amor.

Fillo do pintor Policarpo Soria Álvarez. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Avilés e trasladouse a Madrid en 1899 co seu irmán Nicolás. Estudou na Escola Especial de Pintura, Escultura e Grabado de Madrid. Participou en varias Exposicións Nacionais de Belas Artes de Madrid e nas Exposicións de Artistas Avilesinos de 1922 e 1924. Foi profesor de debuxo do Instituto de Ourense dende 1906, do foi catedrático e vicedirector. Tamén impartiu clase na Escola Normal de Maxisterio e foi presidente da Xunta Provincial de Primeira Ensinanza. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ourense (1930).


Predecesor:
Marcial Ginzo Soto
 
Alcalde de Ourense
 
1930
Sucesor:
Marcial Ginzo Soto

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1911 con Pilar González Palacios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 9-5-1951, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 21-1-1959, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]