Marcial Ginzo Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcial Ginzo Soto
Marcial Ginzo Soto 1926.jpg
Marcial Ginzo Soto, retrato en Vida Gallega, 1926.
Nacemento1885
 Ourense
Falecemento22 de outubro de 1974
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista, avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Marcial Ginzo Soto, nado en Ourense en 1885 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1974, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1915[1]. Foi director de El Radical (1910-1913) e colaborou en Ecos de Orense. Despois pasou a ser redactor de La Región, do que chegou a ser director (1915-1926). Foi presidente do Círculo Tradicionalista de Ourense en 1917 e 1918[2]. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ourense (1926-1929) e en 1927 foi elixido representante dos concellos de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva. Volveu exercer como alcalde nun breve período en 1930. Nese momento fundou o periódico Galicia, cunha orientación calvosotelista.


Predecesor:
Matías Bobillo Bobillo
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
1926 - 1929
Sucesor:
Jesús Soria González
Predecesor:
Jesús Soria González
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
1930
Sucesor:
Francisco Villanueva Lombardero

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ribadavia con Aurora Cendón Rey en 1916[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Galicia, 8-10-1915, p. 2.
  2. El Correo de Galicia, 11-2-1918, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 11-5-1916, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]