Jesús Romero Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Romero Suárez
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Beba, España Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Guiliade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Romero Suárez, nado en Beba (Mazaricos) o 23 de novembro de 1899[1] e finado en Guiliade (Betanzos) en xaneiro de 1949, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre. En 1921 foi destinado a Marrocos co Batallón Expedicionario de Rafael Dieste. Con Dieste e Xosé María Brea, con quen despois continuou a amizade, editaron a revista manuscrita Charamuscas. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1925.[2] Foi nomeado mestre interino en Cima de Aranga (Aranga) en setembro de 1925,[3] e mestre substituto de Beba en 1928.[4] Aprobou as oposicións en 1930,[5] e foi nomeado mestre de Piadela en 1931.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e cesado en agosto.[7] Reposto pola Comisión Depuradora, en xuño de 1938 foi destinado a Pezobre (Santiso).[8] Es setembro de 1940 resólvese o seu expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo por dous meses e traslado forzoso fora da provincia.[9] Foi destinado a Oviedo, e en xullo de 1947 concedéronlle o traslado a Cabo de Cruz (Boiro).[10]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Veiga López.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 58. 
  2. El Compostelano, 29-5-1925, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 10-9-1925, p. 1.
  4. El Eco de Santiago, 13-3-1928, p. 3.
  5. El Compostelano, 5-9-1930, p. 2.
  6. El Ideal Gallego, 11-4-1931, p. 3.
  7. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 21-8-1936, p. 1.
  8. La Voz de Galicia, 1-6-1938, p. 2.
  9. El Compostelano, 28-9-1940, p. 2.
  10. El Correo Gallego, 10-7-1947, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]