Jesús Bellas Cao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Bellas Cao
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Jesús Bellas Cao, nado en Muras cara a 1891 e finado en Lugo o 17 de xuño de 1937, foi un mineiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mineiro. Membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro da CNT. Foi condenado en marzo de 1935 pola Audiencia de Lugo a seis meses e un día de prisión por colocación de explosivos.[1] Comisionado en 1936 para realizar actos de propaganda e difusión do sindicato en Foz e San Cibrao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou con Manuel Rodríguez Lago a requisa de armas e camións para a defensa da República. Foi detido e internado no depósito de Viveiro o 14 de abril de 1937. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de xuño de 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 2-3-1935, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]