Manuel Rodríguez Lago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Viveiro, España |
Morte | 1937 (23/24 anos) L'Escampleru, España (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mineiro , sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Rodríguez Lago, coñecido como Roxo, nado en Viveiro cara a 1913 e finado no Escamplero (Les Regueres) en 1937, foi un mineiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mineiro. Secretario do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro da CNT e directivo do Sindicato Mineiro da Silvarosa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou con Jesús Bellas Cao a requisa de armas e camións para a defensa da República. Fuxiu á zona leal e foi miliciano do Batallón Galicia. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar e declarado en rebeldía ao estar fuxido. Morreu loitando co exército republicano na batalla do Escamplero.