Jenna McDougall
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1992 (32 anos) Sydney, Australia |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2008 - |
Membro de | |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Fearless Records |
Jenna Rachael McDougall, nada en Sidney o 1 de xuño de 1992 é unha cantante e compositora australiana, máis coñecida como Jenna McDougall. É a vocalista da banda pop punk Tonight Alive, formada en 2008. Até a data lanzaron dous álbums de estudio; What Are You So Scared Of? (2011) e The Other Side (2013), así como tres EP.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten dúas irmás máis novas. Durante a súa adolescencia, realizou pequenos shows para a súa familia. Tamén tocou varios instrumentos mentres estaba na escola secundaria e cantou no coro da mesma, o que aumentou o seu interese na música.[1] Antes de entrar en Tonight Alive, actuou en shows acústicos na súa cidade natal. Sofre de eccema e estivo pelexando coa enfermidade toda a súa vida, chegando a un punto crítico en 2012, cando a banda se viu forzada a cancelar varios shows e un tour na primavera dese ano. Esta experiencia é narrada na canción The Ocean, primeiro single e primeiro track de The Other Side.[2][3]
Tonight Alive
[editar | editar a fonte]Cando Jenna entrou na banda, esta só estaba integrada por Jake Hardy (guitarra rítmica), Whakaio Taahi (guitarra líder) e Cameron Adler (baixo), polo que necesitaban un vocalista e un batería que se comprometese coa mesma. Mentres ela tocaba os seus shows acústicos, pediulle a Adler que a axudase cos seus demos. Como agradecemento, McDougall gravou a súa voz nunha pista de Tonight Alive, despois de saber que a banda non tiña vocalista. Pouco despois converteuse na vocalista permanente, tendo a primeira práctica en maio de 2008. É o membro máis novo da banda e aínda estaba na escola secundaria cando gravaron o seu primeiro EP.
En 2011 lanzaron o seu primeiro álbum de estudio, What Are You So Scared Of?. Este recibiu boas críticas de parte dos expertos, que tamén destacaron o talento vocal de McDougall, debido á súa versatilidade.[4] O álbum foi relanzado en Estados Unidos a través de Fearless Records en febreiro de 2012.
A principios de 2013, lanzaron un novo single chamado Breakdown, o cal contaba coa colaboración de Benji Madden, guitarrista de Good Charlotte. O seu segundo álbum de estudio The Other Side foi moi ben recibido pola crítica, sendo seleccionado como un dos álbums do ano pola revista de rock inglesa Kerrang!.[5]
Influencias musicais
[editar | editar a fonte]McDougall dixo que algunhas das súas influencias e as da banda son bandas que tocaron no Warped Tour, como Blink-182, Yellowcard, Fall Out Boy e Pierce the Veil. En canto ás súas influencias persoais, goza da música de Led Zeppelin, Missy Higgins, Avril Lavigne, Hole, Letters to Cleo, Bob Marley, Alanis Morissette, Bon Iver, Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Rufio, The Script, Jimmy Eat World, Thrice e The Starting Line.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Tonight Alive
Discos de estudio
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum |
---|---|
2011 | What Are You So Scared Of?
|
Ano | Álbum |
---|---|
2013 | The Other Side
|
EP
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum |
---|---|
2010 | All Shapes and Disguises EP
|
2010 | Let it Land EP
|
Vinilo
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum |
---|---|
2010 | Consider This EP
|
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Álbum |
---|---|---|
2011 | Starlight
|
What Are You So Scared Of? |
2011 | Let It Land
|
What Are You So Scared Of? |
Vídeos
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Álbum |
---|---|---|
2010 | "Wasting Away" | Consider This EP |
2010 | "Breaking & Entering" | What Are You So Scared Of? |
2011 | "Starlight" | What Are You So Scared Of? |
2011 | "Let It Land"[7] | Let It Land EP |
2012 | “Listening”[8] | What Are You So Scared Of? |
2013 | “Breakdown” | / |
2013 | “The Ocean” | The Other Side |
2013 | “Lonely Girl” | The Other Side |
2013 | “Come Home” | The Other Side |
2014 | “The Edge” | The Amazing Spider-Man 2 Orixinal Soundtrack |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 08 de decembro de 2016.
- ↑ "Jenna McDougall (Tonight Alive) opens up about tour drop offs, medical condition". Alternative Press Magazine (en inglés). 2013-06-27. Consultado o 2022-04-14.
- ↑ http://wevegotyoucovered.buzznet.com/user/journal/17237266/tonight-alive-cancel-tour-sxsw/[Ligazón morta]
- ↑ admin. "Album Review: Tonight Alive - What Are You So Scared Of?". Consultado o 2022-04-14.
- ↑ http://www.kerrang.com/20433/25-best-rock-albums-2013/
- ↑ "Jenna McDougall of Tonight Alive Q&A". Kidzworld (en inglés). Consultado o 2022-04-14.
- ↑ Tonight Alive Official. "The Video For Our New Single, 'Let It Land'". Tonight Alive Official.
- ↑ "Tonight Alive Release "Listening" Music Video". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 08 de decembro de 2016.