Jenifer Casal Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jenifer Casal Vidal
ECA Canoe Marathon European Championships 2017 - 16.jpg
Información persoal
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento6 de setembro de 1996
Pontevedra
Deporte
DeportePiragüismo
EquipoEscuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra
editar datos en Wikidata ]

Jenifer Casal Vidal, nada en Pontevedra o 6 de setembro de 1996, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2017 na categoría de C1.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa primeira participación internacional foi en 2014 no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, onde chegou á final e quedou novena no C2 500 metros, con Raquel Rodríguez como compañeira.[2] No Europeo de 2015, celebrado en Račice (República Checa) finalizou quinta no C2 500.[3]

En 2017, foi campioa de Galicia de C1 5000 metros[4] e de España no C1 en maratón.[5][6] Ademais logrou en Ponte de Lima a medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón en C1[7]

En 2018, finalizou oitava no Europeo de maratón en Croacia[8] e sexta no Mundial en Montemor-o-Velho, ambas ocasións en C1.[9] En 2019 gañou o ouro na Copa de España de Piragüismo Maratón,[10] mentres que finalizou sexta no Europeo en Francia[11] e quinta no Mundial da China.[12]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2017 Ponte de Lima (Portugal Portugal) Med 3.png Bronce C1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jenifer Casal Vidal en CanoeResults.eu (en inglés).
  2. "Resultados Moscova 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Racice 2015" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  4. "DIEGO ROMERO, TANIA FERNÁNDEZ, JENIFER CASAL Y EMILIO LLAMEDO VENCEN EN LA CATEGORÍA SENIOR DEL CAMPEONATO AUTONÓMICO" (en castelán). 5 de marzo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  5. "El maratón español tiene acento gallego" (en castelán). 21 de maio de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2019. 
  6. "Os únicos ouros galegos da Copa España de Piragüismo Maratón son de Jenifer Casal e Tono Campos". Pontevedra Viva. 22 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Ponte de Lima 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados de Metković 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Montemor 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  10. "Aplastante dominio de la canoa arousana en el Gallego de Invierno". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de marzo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados Decize 2019". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]