Saltar ao contido

Jenifer Casal Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jenifer Casal»)
Infotaula de personaJenifer Casal Vidal
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1996
Pontevedra
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Membro do equipo deportivoEscuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra

Jenifer Casal Vidal, nada en Pontevedra o 6 de setembro de 1996, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2017 na categoría de C1.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa primeira participación internacional foi en 2014 no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, onde chegou á final e quedou novena no C2 500 metros, con Raquel Rodríguez como compañeira.[2] No Europeo de 2015, celebrado en Račice (República Checa) finalizou quinta no C2 500.[3]

En 2017, foi campioa de Galicia de C1 5000 metros[4] e de España no C1 en maratón.[5][6] Ademais logrou en Ponte de Lima a medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón en C1[7]

En 2018, finalizou oitava no Europeo de maratón en Croacia[8] e sexta no Mundial en Montemor-o-Velho, ambas ocasións en C1.[9] En 2019 gañou o ouro na Copa de España de Piragüismo Maratón,[10] mentres que finalizou sexta no Europeo en Francia[11] e quinta no Mundial da China.[12]

Palmarés internacional

[editar | editar a fonte]
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2017 Ponte de Lima (Portugal Portugal) Medalla de bronce Bronce C1
  1. Jenifer Casal Vidal en CanoeResults.eu (en inglés).
  2. "Resultados Moscova 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Racice 2015" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  4. "DIEGO ROMERO, TANIA FERNÁNDEZ, JENIFER CASAL Y EMILIO LLAMEDO VENCEN EN LA CATEGORÍA SENIOR DEL CAMPEONATO AUTONÓMICO" (en castelán). 5 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  5. "El maratón español tiene acento gallego" (en castelán). 21 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2019. 
  6. "Os únicos ouros galegos da Copa España de Piragüismo Maratón son de Jenifer Casal e Tono Campos". Pontevedra Viva. 22 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Ponte de Lima 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados de Metković 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Montemor 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  10. "Aplastante dominio de la canoa arousana en el Gallego de Invierno". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de marzo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados Decize 2019". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]