Jednotka
Jednotka (en galego, "a un") é unha canle da televisión pública de Eslovaquia que pertence ao ente público de radio televisión RTVS. Na actualidade o ente público forma parte do conglomerado de radiotelevisión pública eslovaca chamado 3. multiplex.
Historia[editar | editar a fonte]

Esta canle comezou as súas emisións o 3 de novembro de 1956 desde Bratislava co nome de ČST e foi a primeira canle de Checoslovaquia. A partir de 1962 emitiu desde Košice e desde o ano 1966 desde a cidade de Banska Bystrica. Desde o día 1 de xaneiro de 1993 e ata o ano 2004 foi coñecida a canle como STV1. O nacemento desta canle vén a raíz da transformación da primeira canle chescoslovaca (entón chamada F1).
Canles irmás[editar | editar a fonte]
O ente público de televisión eslovaca RTVS só ten unha canle máis, chamada Dvojka (en galego "a dous"), que antigamente era coñecida co nome de STV2). Ata o ano 2011 había outra canle chamada Trojka (en galego "a tres") que foi pechada por razóns económicas de contención de gastos da corporación radiotelevisa eslovaca.
Emisión[editar | editar a fonte]
Esta canle de televisión pódese sintonizar na TDT, nunha plataforma de pagamento no satélite Thor e tamén nas respectivas plataformas de cable eslovacas.
Programación[editar | editar a fonte]
Series[editar | editar a fonte]
- Kolonáda (2014)
- Policajti z centra (2013)
- Hlavne, že sa máme radi... (2013)
- Kriminálka Staré mesto (2010-2013)
- Zborovňa
- Zlomok sekundy
- Obchod so šťastím