Saltar ao contido

Jean Philippe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Philippe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor en Wikidata
Francia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Quebec, Canadá Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJean Philippe Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoChanson Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de marzo de 1962Festival de Eurovisión 1962
11 de marzo de 1959Festival de Eurovisión 1959 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0680005 Facebook: jean-philippe-gargantiel BNE: XX5636229 Last fm: Jean+Philippe Musicbrainz: 9465b931-645e-44f3-a7a7-7cc50e3efc89 Discogs: 2015325 Allmusic: mn0002821313 Deezer: 1048331 Genius: Jean-philippe Editar o valor en Wikidata

Jean Philippe Gargantiel, nado en 1931[1] e falecido o 7 de xaneiro de 2022, foi un cantante francés que representou a Francia no Festival de Eurovisión 1959 e a Suíza no Festival de 1962.[2]

Eurovisión 1959

[editar | editar a fonte]

O Festival de Eurovisión 1959 tivo lugar en Cannes, Francia, xa que o ano anterior o francés André Claveau gañou o certame en Hilversum, Países Baixos.[2] Baixo o nome de Grand Prix de la chanson Européenne, o Festival de Eurovisión 1959 celebrouse no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959. Jean Philippe foi o encargado de representar ao seu país coa canción Oui, oui, oui, oui, que finalmente quedou en terceira posición obtendo 15 votos. A canción tería gran difusión uns anos despois grazas á versión de Sacha Distel.

Unha particularidade dese ano foi que as tres cancións clasificadas nas primeiras posicións volveron ser representadas ao final do Festival, polo que Jean Philippe tivo que actuar de novo.

Eurovisión 1962

[editar | editar a fonte]

No ano 1962, Jean Philippe volveu a participar no Festival de Eurovisión. Ese ano representou a Suíza coa canción Le Retour. Quedou clasificado en décima posición con só dous puntos outorgados polo xurado alemán. Nesta ocasión o país gañador foi a súa Francia natal.

  1. Jean Philippe en eurovision-spain.com
  2. 2,0 2,1 Simon Barclay. The Complete and Independent Guide to the Eurovision Song Contest, 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
André Claveau
con "Dors, mon amour"

Francia no Festival de Eurovisión

1959
Sucesor:
Jacqueline Boyer
con "Tom Pillibi"
Predecesor:
Franca Di Rienzo
con "Nous aurons demain"

Suíza no Festival de Eurovisión

1962
Sucesor:
Esther Ofarim
con "T'en va pas"