Jean Laplace
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 Annecy, Francia (en) |
Morte | 10 de setembro de 2018 (83/84 anos) Annecy, Francia |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Jean Laplace, nado en Annecy, Francia en 1934 e finado no mesmo lugar o 10 de setembro de 2018,[1] foi un debuxante francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha comerciante e dun funcionario,[2] formouse como deseñador industrial pero dedicouse á ilustración, afección que cultivou dende neno.[3] Publicou o seu primeiro debuxo humorístico en Le Progrès de Lyon en 1952[2] e axiña empezou a colaborar en Paris Match, Ici Paris e Samedi Soir.[4] Adaptou as súas ilustracións humorísticas converténdoas en crebacabezas ó crear o "jeu des huit erreurs" (o "xogo dos oito enganos" en galego), inspirado nos xogos tradicionais de 7 diferenzas consistentes en detectar pequenas variacións entre dúas imaxes.[5] O xornal suízo Feuille d'avis de Lausanne foi o primeiro en publicar o seu xogo en 1966,[2] os seus debuxos apareceron cos anos en varios periódicos e revistas franceses e mais en publicacións de todo o mundo.[5] La Voz de Galicia comezou a publicar o seu pasatempo en 1977.[6] Fixo cerca de 19 000 láminas diferentes ó longo da súa carreira.[3]
“A vida é un debuxo con tantos erros, |
Obra
[editar | editar a fonte]Recompilación dos seus gags
[editar | editar a fonte]- Sauf erreur. París: Les Cahiers dessinés. 2017. p. 205. ISBN 979-1090875517.[5][9]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Na 49ª edición dos premios de deseño e comunicación visual da AGD-FAD celebrados no ano 2019 rendéuselle homenaxe a Jean Laplace, baseando a campaña de presentación dos Premios Laus 2019 na concepción artística do autor.[10][11]
- Murillo, Carlos, ed. (2019). "Troba les diferències" [Atopa as diferencias]. Ilustracións: Torrent, Marc; Animación: Rigol, Genís; Edición de son: Roig, Nico. ADG-FAD.
A Jean Laplace (1934-2018).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adiós a Laplace, el genio de 'los ocho errores'". Heraldo de Aragón (en castelán). 25-09-2018. Consultado o 14-04-2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Caballero, Óscar (13-09-2018). "Desconocido y a la vez tan famoso". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 15-04-2019.
- ↑ 3,0 3,1 Pallas, Beatriz (02-10-2017). "Jean Laplace: «Busco inspiración para os meus gags pola rúa ou vendo a televisión»". La Voz de Galicia. Consultado o 14-04-2019.
- ↑ "Jean Laplace". Les Cahiers dessinés (en francés). Arquivado dende o orixinal o 22-03-2019. Consultado o 15-04-2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Muere Jean Laplace, el mítico dibujante de los ocho errores". La Vanguardia (en castelán). 13-09-2018. Consultado o 14-04-2019.
- ↑ "Morre Jean Laplace, o debuxante dos oito erros". La Voz de Galicia. 13-09-2018. Consultado o 14-04-2019.
- ↑ "Joan Brossa dedica un poema al autor del pasatiempo “Los 8 errores”" (pdf). La Vanguardia (en castelán). 04-10-1987. Consultado o 14-04-2019.
- ↑ Pallas, Beatriz (14-09-2018). "Morre o xenio de «os oito erros»". La Voz de Galicia. Consultado o 14-04-2019.
- ↑ "Sauf erreur - Jean Laplace". Les Cahiers dessinés (en francés). 2017. Arquivado dende o orixinal o 15-04-2019. Consultado o 15-04-2019.
- ↑ "Entrevista a Carles Murillo" (en castelán). ADG-FAD. 2019. Consultado o 10-02-2024.
- ↑ "Encuentra las diferencias" (en castelán). Festa del Grafisme. 10-01-2019. Consultado o 10-02-2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Jean Laplace |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Almazán, David (decembro de 2018). "Jean Laplace: ingenuo ingenio". Neuróptica. Estudios sobre el cómic (Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza) (1): 145–158. ISSN 2660-7069.