Jay Schiltz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jay Schiltz
Jay Schiltz, «Aschengänger»-102.jpg
Nacemento28 de xaneiro de 1958
Lugar de nacementoSteinfort
Falecemento20 de maio de 2020
NacionalidadeLuxemburgo
Ocupaciónartista de cabaret, xornalista e autor
CónxuxeFrancine Closener
editar datos en Wikidata ]

John (" Jay ") Schiltz, nado en Steinfort o 28 de xaneiro de 1958 e finado o 20 de maio de 2020 [1], foi un xornalista, escritor e artista de cabaré luxemburgués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do escritor Roger Schiltz. Despois de completar a súa educación secundaria no Athénée de Luxemburgo en 1978 entrou no mercado laboral, primeiro traballou no ferrocarril e logo na administración municipal de Steinfort. Ao inicio da década de 1990 entrou no xornalismo traballando na redacción de RTL Radio Lëtzebuerg e a partir de 1998 en RTL Télé Lëtzebuerg.

Dende o 1 de xaneiro de 2002 ata principios de decembro de 2013 foi redactor xefe da emisora pública Radio 100,7. Renunciou ao cargo para non entrar nun conflito de intereses, tras o nomeamento da súa esposa, Francine Closener como secretaria de Estado no goberno Bettel-Schneider [2] .

Jay Schiltz escribiu en luxemburgués obras de teatro dende 1991 e a partir de 2000 tamén escribiu textos para espectáculos de cabaré. De xaneiro de 2003 a maio de 2006 escribiu artigos para Kulturissmo, o suplemento cultural de Tageblatt .

En 1997 con motivo do Ano Europeo contra o Racismo e por iniciativa de Charles Goerens[3] organizouse unha viaxe de 120 estudantes de secundaria luxembugueses ao campo de concentración de Auschwitz en Polonia. As viaxes fixéronse anuais e organizadas pola asociación Témoins de la 2ª Géneration e dende a súa constitución en 2001[3]Schitlz foi o seu vicepresidente[4]. Froito do seu labor e desas viaxes foi o libro Aschengenger - Erzählung einer langen Reise que se editou en 2003 en alemán.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Game over, 1991
  • Schäinhelleger Owend,, 1992
  • Eng Schnéischëpp, Chreschtdag an eng Rees an Italien, 1996
  • E Wäibierg an Alaska, 2005
  • Wanterdreem, 2007
  • Papa, tu dors?, 2008
  • De Schaf, 2009
  • Ängri ould börds, 2013

Cabaré[editar | editar a fonte]

  • Para Cabarenert
    • Endstatioun Geenzuucht, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000
    • Onkraut vergeet net, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000
    • Fixfeier, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2001
    • Maach d'Kräiz... an alles bleift besser, con Rol Gelhausen, 2003
    • Schwamm driwwer, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2005
    • Alles am A..., con Rol Gelhausen e Claudine Muno, 2007
  • Para Cabaret Roude Léiw
    • Béierdéckelsgespréicher, 2006
    • Béierdéckelsgespréicher 2, 2009
  • Espectáculos individuais
    • An-Eck-Doten, 2005
    • Ex Cathédral, 2010
    • No politics, 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jay Schiltz s'en est allé." wort.lu, 21 mai 2020.
  2. Lëtzebuerger Land: "A l'usure", 9. Dezember 2011, Säit 5
  3. 3,0 3,1 "Buts". temoins.lu
  4. "Jay Schiltz est décédé".Paperjam, 20 de maio de 202