Jay
Jay | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | 2012 - 2019 |
Xénero(s) | noise rock, rock experimental, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Discos Humeantes, Matapadre |
Membros | Fiz García Julián Goicoa Fernando Areal Brais Otero |
Antigos membros | Benjamin Louis Manu Álvarez |
Na rede | |
Bandcamp | |
Jay foi unha banda galega procedente de Vigo formada no ano 2012 por Benjamin Louis (guitarra, dizzy lizzy), Manu Álvarez (batería), Brais Otero (baixo e voz) e Julián Goicoa (guitarra). Cun son onde predominaba o noise rock o grupo publicou dous álbums con esta formación a través do selo Discos Humeantes, Vacaciones en Vietnam (2013) e Los colegas no te olvidan (2015). Benjamin Louis e Manu Álvarez deixaron o grupo e foron substituídos por Fiz García e Fernando Areal, editando esta nova formación o seu terceiro álbum de estudio en 2017, Fuimos nosotros, desta vez co selo compostelán Matapadre e cun estilo onde incorporan elementos de pop, electrónica, rock sinfónico, hip hop e incluso flamenco.[1][2]
Jay disolveuse dando paso á banda Mundo Prestigio, formada polos mesmos membros, que incorporou novos elementos á música da súa anterior encarnación. Este novo grupo estreouse co seu primeiro EP en maio de 2019.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Vacaciones en Vietnam | 2013 | Discos Humeantes |
Los colegas no te olvidan | 2015 | Discos Humeantes |
Fuimos nosotros | 2017 | Matapadre |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Jay - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 2020-08-31.
- ↑ "Jay: «Queremos hacer música, olvidando todos los límites y las barreras» | Retroalimentación". blogs.lavozdegalicia.es. Consultado o 2020-08-31.
- ↑ Vigo, Faro de. "Mundo Prestigio: “Queremos huir del concepto de rock de pirolón”". mas.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-08-31.