Saltar ao contido

Javier Murua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Murua
Biografía
Nacemento(es) Javier Murua Alzueta Editar o valor en Wikidata
23 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2015 Arenas Club de Getxo
2016–2016 Athletic Club
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2015 Arenas Club de Getxo 1(1)
2016–2018 CD Basconia 60(1)
2017–2020   Bilbao Athletic 31(0)
2020–2021 Club Portugalete 29(1)
2021–2022 Salamanca CF UDS 32(0)
2022–2023   Sociedad Deportiva Amorebieta 21(0)
2023–2024 Sociedad Deportiva Logroñés 31(0)
2024– Salamanca CF UDS

Javier Murua Alzueta, nado en Bilbao o 23 de abril de 1997, é un futbolista español que xoga de defensa central na SD Logroñés, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Arenas de Getxo, chegando a debutar co primeiro equipo estando aínda en idade xuvenil, nun partido ante o Berio en Gobela no que marcou un gol.[1] En xaneiro de 2016 ingresou no equipo xuvenil do Athletic Club, co que xogou na División de Honra ata o final da tempada. Rematada a súa etapa como xuvenil militou nos dous filiais do club biscaíño, o Basconia e o Bilbao Athletic, sumando preto dun cento de partidos entre ambos.

Tras desvencellarse do Athletic, pasou polas filas do Portugalete e do Salamanca UDS,[2][3] antes de fichar en 2022 polo Amorebieta, da Primeira División RFEF. No equipo de Haritz Mujika disputou un total de 21 partidos, contribuíndo ao ascenso á Segunda División. Ademais, xogou completos os dous partidos da Final de Campións ante o Racing de Ferrol, na que o conxunto zornotzarra se proclamou campión absoluto da categoría.[4]

Para a tempada 2023/24 asinou como novo xogador da SD Logroñés.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Amorebieta
  1. Martín, Javi (23 de xaneiro de 2016). "Javier Murua nuevo fichaje del Athletic Juvenil DH" (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2023.. 
  2. "Murua ficha por el Portugalete" (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  3. "El defensa Javier Murua, nuevo jugador del Salamanca UDS" (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  4. "Javier Murua, refuerzo para la zaga zornotzarra" (en castelán). 18 de xullo de 2022. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  5. "Javier Murua, nuevo central de la SD Logroñés" (en castelán). 10 de xullo de 2023. Consultado o 28 de novembro de 2023.