Javier García de Leaniz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJavier García de Leaniz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Javier García de Leániz Arias de Quiroga Editar o valor em Wikidata
3 de decembro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
General Director of Fine Arts (en) Traducir
14 de maio de 1920 – 12 de decembro de 1922 – Fernando Weyler Santacana (pt) Traducir →
Deputado das Cortes
24 de marzo de 1914 – 27 de abril de 1914 – José Pérez Porto →
Circunscrición electoral: Chantada
Deputado das Cortes
28 de xuño de 1910 – 2 de xaneiro de 1914
Circunscrición electoral: Chantada
Deputado das Cortes
29 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910
Circunscrición electoral: Chantada
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Francisco Javier García de Leaniz Arias de Quiroga, nado en Sevilla o 3 de decembro de 1870 e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1945, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Colexio dos Xesuítas. Licenciouse en Dereito na Universidade de Sevilla aos 19 anos. Ingresou no Corpo de Letrados do Tribunal de Contas do Reino e no Corpo da Administración do Estado. Traballou en varios ministerios e foi director do Gabinete particular do ministro Guillermo J. de Osma. Foi elixido deputado polo distrito de Chantada nas eleccións xerais de 1907. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1910 e 1914. Foi nomeado Director Xeral de Comercio, Industria e Traballo en 1915. Foi Tesoureiro e Secretario xeral da Asemblea Suprema da Cruz Vermella, Director Xeral de Belas Artes (1920). Na ditadura de Primo de Rivera foi Subsecretario de Instrución Pública e Belas Artes e Gobernador do Banco de Crédito Local de España en 1928 (permanecendo no cargo até 1936). Durante a Guerra Civil refuxiouse no Instituto de Valencia de Don Juan.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu as Grandes Cruces de Carlos III, Isabel II e da Cruz Vermella, e foi nomeado Fillo predilecto de Sevilla, Albacete e Lopera.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1898 con María del Pilar Aparici Cabezas-Altamirano, que finou en 1916 e volveu casar con Rosalía Mena.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]