Saltar ao contido

Jani Liimatainen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJani Liimatainen

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Kemi, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, produtor musical, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoHeavy metal Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalTimo Kotipelto (pt) Traducir: Kotipelto & Liimatainen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webjaniliimatainen.net Editar o valor en Wikidata
Facebook: janiliimatainenofficial Instagram: janiliimatainen Spotify: 15o2IVJ6hHAxdBBvAjjtn9 iTunes: 160030826 Musicbrainz: 5954d192-5369-46de-90ec-afb344b42550 Discogs: 474422 Allmusic: mn0000402344 Deezer: 5082225 Editar o valor en Wikidata

Jani Allan Kristian Liimatainen, nado en Kemi o 9 de setembro de 1980, é un guitarrista finés principalmente coñecido polo seu traballo na banda de power metal Sonata Arctica, da que foi un dos membros fundadores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical aproximadamente aos 14 anos. O seu desenvolvemento musical baseouse principalmente na autoaprendizaxe, aínda que nos seus inicios recibiu algunhas leccións que lle serviron como base para desenvolver a súa técnica, moi influenciada por grupos como Dream Theater e Pain of Salvation e por guitarristas como Yngwie Malmsteen, Steve Vai e Mattias Eklundh.

Jani tamén formou parte de Altaria, grupo de power metal co cal gravou catro discos antes de abandonalo para dedicarse completamente a Sonata Arctica.

Debido ós seus "deberes civís" viuse obrigado a apartarse de Sonata Arctica e foi substituído, en principio temporalmente polo guitarrista Elias Viljanen. Porén, en maio de 2007 foi apartado definitivamente do seu posto na banda, aínda que isto non foi oficialmente confirmado ata o 6 de agosto.

Na actualidade mantén un novo proxecto xunto a Henrik Klingenberg, teclista de Sonata Arctica. Este recibe o nome de Graveyard Shift e trátase dun grupo de death metal melódico influenciado por grupos como In Flames, Soilwork e Strapping Young Lad. Ata o momento só se gravou unha demo de 4 pistas.

Este guitarrista novo demostrou ser un mozo virtuoso, que xunto a outras grandes novas promesas como Alexi Laiho, gravaron os seus primeiros discos comerciais pouco despois de cumpriren 18 anos.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]