Pain of Salvation
| Pain of Salvation | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Pain of Salvation é unha banda de metal progresivo sueca liderada por Daniel Gildenlöw, que é o principal compositor, letrista, guitarrista e vocalista do grupo. O son de Pain of Salvation caracterízase por un traballo de guitarra orientado aos riffs, un amplo rango vocal, oscilación entre pasaxes pesados e calmados, harmonías vocais e estruturas complexas, síncopes e polirritmos. Ata a data, cada álbum publicado pola banda foi un álbum conceptual. Liricamente o grupo adoita a abordar cuestións contemporáneas, como sexualidade, guerra, medio ambiente, a natureza de Deus, humanidade e a existencia.
A súa música está fortemente inspirada polos Beatles, Faith No More, Jeff Buckley, Jesus Christ Superstar,[1] e tamén por outros xéneros musicais como jazz, música clásica e música étnica; ás veces tamén poden escoitarse elementos de hip hop, soul e funk nas súas cancións. A banda tamén versionou cancións de Leonard Cohen, Stevie Wonder, Kiss, Lou Reed, Dio, The Moody Blues, The Beatles, Simon & Garfunkel e Elton John.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Entropia | 1997 | Avalon |
| One Hour by the Concrete Lake | 1998 | Avalon |
| The Perfect Element, Part I | 2000 | InsideOut Music |
| Remedy Lane | 2002 | InsideOut Music |
| BE | 2004 | InsideOut Music |
| Scarsick | 2007 | InsideOut Music |
| Road Salt One | 2010 | InsideOut Music |
| Road Salt Two | 2011 | InsideOut Music |
| Falling Home | 2014 | InsideOut Music |
| In the Passing Light of Day | 2017 | InsideOut Music |
| Panther | 2020 |