Janet Gardner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Janet Gardner
Vixen 2014.jpg
Nacemento21 de marzo de 1962
 Juneau
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversity of Bridgeport
Ocupacióncantante, compositora e guitarrista
editar datos en Wikidata ]

Janet Patricia Gardner, nada en Juneau (Alasca) o 21 de marzo de 1962, é unha música e compositora estadounidense, coñecida popularmente por ser a vocalista da banda de glam metal Vixen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vixen en 2014.

É filla de Rulon B. Gardner, enxeñeiro civil que traballou durante anos no Servizo Forestal dos Estados Unidos en Alasca e Utah, pero na súa gran maioría en Bozeman (Montana), onde Janet creceu.[1] A súa nai Margaret era unha pianista dunha igrexa dos Santo dos Últimos Días.[2] Desde moi pequena uniuse a varios coros escolares, onde ademais aprendeu a tocar o piano e a guitarra.

Iniciou a súa carreira en 1980 cando foi convidada pola guitarrista Jan Kuehnemund a unirse a Vixen, logo de vela cantar nun pub.[3] Ao ano seguinte fixo a súa primeira aparición xunto a Vixen na película Hardbodies, personificando á banda de ficción Diaper Rash.

En 1988 e logo de asinar co selo EMI Music, alcanzou a fama xunto á banda grazas aos seus discos Vixen e Rev It Up, pero ao pouco tempo separáronse por diferenzas musicais. En 1997 e xunto a Roxy Petrucci reformaron a agrupación e gravaron Tangerine, pero ao non posuír a autorización de Jan disolvéronse en 1999.

En 2004 participou na reunión de Vixen para o programa de televisión Bands Reunited da canle VH1. Anos despois e xunto a Share Pedersen, Roxy e Gina Stile decidiron crear unha nova versión de Vixen chamada simplemente VXN, pero para non ter problemas con Jan por asuntos de dereitos de autoría, cambiárono a JSRG. En decembro de 2013 xunto a Roxy, Share e Gina refundaron Vixen, como unha maneira de manter o legado de Jan, que faleceu de cancro dous meses antes. Doutra banda, en 2017 publicou até agora o único disco de estudo epónimo da súa carreira en solitario.[4] O 16 de xaneiro de 2019, publicou en Facebook que a súa retirada de Vixen quedou definitiva.[5]

En 2005 titulouse como hixienista dental na Universidade de Bridgeport.[6] Vive en Trumbull (Connecticut) a canda seu home Justin James.[4] Antes casara con Andy Katz, un técnico de son e guitarrista, con que ten un fillo que se chama Ryan.

Discografía[editar | editar a fonte]

con Vixen[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Janet Gardner (2017)
  • Your Place in the Sun (2019)

Notas[editar | editar a fonte]