Jane Colden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jane Colden
Nacemento27 de marzo de 1724
Lugar de nacementoNova York
Falecemento10 de marzo de 1766
Lugar de falecementoNova York
Causapuerperal disorders
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónbotánica
PaiCadwallader Colden
NaiAlice Colden
Na rede
WikiTree: Colden-77
editar datos en Wikidata ]

Jane Colden, nada o 27 de marzo de 1724 en Coldenghan (Nova York) e finada o 10 de marzo de 1766, foi unha botánica norteamericana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a segunda de dez irmáns fillos dun médico escocés que tamén se adicou á política. Tras recibir unha educación esmerada da man da súa nai e logo do su pai, chegou a ser un dos botánicos máis famosos da época. Estudou a clasificación de Linneo, que o seu pai traducira do latín ó inglés, e descubriu e clasificou gran número de plantas de Nova Inglaterra, particularmente do val do río Hudson. Fíxoo de xeito autónomo, pois embarcarse soa nunha expedición con homes non estaba ó alcance das mulleres naquel entón, se ben parece evidente que tivo enxeño para obter a colaboración doutras persoas, amigos e coñecidos. Mantivo correspondencia con botánicos como John e William Bartram nas colonias americanas, e Alexander Garden, John Ellis, e outros, en Inglaterra, o que lle permitiu estar ó tanto da actualidade no campo da botánica. Detallou un catálogo ('Botanic Manuscript') con máis de 400 especies de plantas locais que se conserva na actualidade na British Library, e descubriu a gardenia e un tipo de rubideira, aínda que non se lle atribúen normalmente ó seren tamén descubertas de xeito independente por homes nas mesmas datas. Casou ós 35 anos cun médico, Willian Farquhar, e parece ter abandonado a botánica a partir de entón. Morreu tras dar a luz a un pequeno que tamén morreu.

O seu traballo foi eloxiado por Alexander Garden como 'extremamente preciso'.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "America's First Female Botanist". Science Talk Archive (en inglés). 2014-03-05. Consultado o 2021-12-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]