Jamie Campbell Bower
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) James Metcalfe Campbell Bower 22 de novembro de 1988 Hammersmith, Reino Unido |
| Educación | Bedales School (en) |
| Altura | 183 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, modelo, actor de teatro, cantante, actor de cinema, actor de televisión |
| Período de actividade | 2007 |
| Instrumento | Voz, piano e guitarra |
| Familia | |
| Parella | Lily Collins (2012–2018) Bonnie Wright (2010–2012) |
Jamie Campbell Bower nado o 22 de novembro de 1988 en Londres, é un actor, cantante e modelo inglés que é coñecido polo seu papel de Anthony Hope no filme de Tim Burton Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street, ademais de ser escollido para o papel de Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira cando Laura Michelle Kelly, actriz e cantante inglesa amiga da súa familia, lle presentou ó seu axente. Foi membro do National Youth Music Theatre (NYMT), organización para xoves artistas de teatro musical adicada á realización de producións e estimulación dos seus membros mediante talleres de formación e audicións. No ano 2007, fixo o seu debut na pantalla grande, interpretando a Anthony Hope na adaptación cinematográfica do musical Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street.
En 2009 foi elixido para interpretar a Caius no filme The Twilight Saga: New Moon. Tamén foi confirmado para interpretar a Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2007 | The Dinner Party | Douglas | Filme de TV |
| 2007 | Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street | Anthony | |
| 2008 | RocknRolla | Rocker | |
| 2008 | Winter in Wartime | Jack | |
| 2009 | New Moon (filme de 2009) | Caius Volturi | |
| 2009 | The Prisoner | 11–12 | mini serie de TV (6 episodios) |
| 2010 | Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 | Mozo Gellert Grindelwald | |
| 2010 | London Boulevard | Rapaz | |
| 2011 | Camelot | Rei Artur | serie de TV (10 episodios) |
| 2011 | Anonymous | Rapaz de Oxford | |
| 2011 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 | Caius | |
| 2012 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 | Caius | |
| 2013 | The Mortal Instruments: City of Bones | Jace Wayland |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)