James Patrick Stuart
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xuño de 1968 Encino |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Educación | Laguna Beach High School (en) |
| Cor dos ollos | Castaño escuro |
| Cor do pelo | Cabelo castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de dobraxe, actor de cinema |
| Período de actividade | 1980 |
| Tesitura | Barítono lírico |
| Familia | |
| Pai | Chad |
| Sitio web | jamespatrickstuart.com |
James Patrick Stuart, nado en Encino (Os Ánxeles) o 16 de xullo de 1968, é un actor estadounidense de cine e televisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]James Stuart naceu en Encino, un barrio afluente dos Ánxeles, fillo de Chad e Jill Stuart. O seu pai participara na década dos 60 no dúo da televisión británica Chad & Jeremy. Como o seu pai era parte dun dúo pop, James pasou gran parte da súa mocidade nos estudios de gravación.[1] Como neno actor, empregou o nome Patrick Stuart, e participou na serie dos anos 80, Galactica 1980, como Doctor Zee.
É coñecido sobre todo polos seus papeis en series de televisión como CSI: Las Vegas, Emily's reasons why not ou Nip/Tuck, pero tamén participou poñendo a voz na versión en inglés de varios videoxogos como por exemplo Kingdom Hearts II ou Call of Duty 2.
Tamén fixo a voz de Private na serie The Penguins of Madagascar.
James Stuart reside en Os Ánxeles coa súa dona, Jocelyn, e os seus dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "James Patrick Stuart on 2 Broke Girls". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)