James Dunn
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) James Howard Dunn 2 de novembro de 1901 Nova York |
| Morte | 3 de setembro de 1967 Santa Monica |
| Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de teatro, actor de televisión, actor de cinema, actor |
| Período de actividade | 1927 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Frances Gifford (1938–1942) |
| Premios | |
| |
James Howard Dunn, nado en Nova York o 2 de novembro de 1901 e finado en Santa Monica (California) o 1 de setembro de 1967[1] foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]James Dunn era fillo dun corretor de bolsa de Wall Street. Durante tres anos uniuse ao negocio do seu pai.
Dunn comezou a súa carreira no espectáculo no vodevil, antes de pasar ao cinema como extra a finais da década de 1920.[2] Tras un tempo no que volveu ás sociedades anónimas, regresou ao cinema e foi contratado por Fox en 1931.[2]
O seu papel en Bad Girl[2] causou boa impresión e continuou repetindo a mesma fórmula noutros filmes durante a década de 1930. As súas seguintes personaxes non deron pulo á súa carreira e a finais da década os seus traballos diminuíran pola loita contra o alcoholismo. Porén, en 1945 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por A Tree Grows in Brooklyn, no que interpretaba un pai irlandés, alcohólico mais de bo corazón.
O seu éxito non durou e a principios da década de 1950 estaba desempregado, en bancarrota e de novo dependente do alcohol. Desde 1950 só apareceu en tres filmes, aínda que seguiu traballando na televisión ata a súa morte.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1929 | In the Nick of Time | como Jimmy Dunn | |
| 1930 | Believe It or Not#3 | Reporteiro | Sen acreditar |
| Barefoot Days | |||
| Tom Thumbs Down | como Jimmy Dunn | ||
| The Varsity Show | como Jimmy Dunn | ||
| 1931 | Bad Girl | Eddie Collins | |
| Sob Sister | Garry Webster | ||
| Over the Hill | Johnny Shelby de adulto | ||
| 1932 | Society Girl | Johnny Malone | |
| Dance Team | Jimmy Mulligan | ||
| Handle with Care | Bill Gordon | ||
| 1933 | Hold Me Tight | Chuck | |
| Hello, Sister! | Jimmy | ||
| Arizona to Broadway | Smiley Wells | ||
| Sailor's Luck | Jimmy Harrigan | ||
| Jimmy and Sally | Jimmy O'Connor | ||
| The Girl in 419 | Dr. Daniel French | ||
| Take a Chance | Duke Stanley | ||
| 1934 | Hold That Girl | Barney Sullivan | |
| 365 Nights in Hollywood | James 'Jimmy' Dale | ||
| Have a Heart | James 'Jimmie' Flaherty | ||
| Bright Eyes | James 'Loop' Merritt | ||
| Change of Heart | Mack McGowan | ||
| Stand Up and Cheer! | Jimmy Dugan | ||
| Baby Take a Bow | Eddie Ellison | ||
| 1935 | Bad Boy | Eddie Nolan | |
| The Daring Young Man | Don McLane | ||
| The Payoff | Joe McCoy | ||
| Welcome Home | Richard Foster | ||
| George White's 1935 Scandals | Eddy Taylor | ||
| 1936 | Come Closer, Folks | Jim Keene | |
| Don't Get Personal | Bob | ||
| Hearts in Bondage | Lieutenant Kenneth Reynolds | ||
| Two-Fisted Gentleman | Mickey | ||
| Mysterious Crossing | Addison Francis Murphy | ||
| 1937 | We Have Our Moments | John Wade | |
| Living on Love | Gary Martin | ||
| Venus Makes Trouble | Buzz Martin | ||
| 1938 | Shadows Over Shanghai | Johnny McGinty | |
| 1939 | Pride of the Navy | Speed Brennan | |
| Mercy Plane | Speed Leslie | ||
| 1940 | Son of the Navy | Chief Gunners Mate Mike Malone | |
| Hold That Woman! | Jimmy Parker | ||
| 1942 | The Living Ghost | Nick Trayne | |
| 1943 | The Ghost and the Guest | Webster Frye | |
| 1944 | Leave It to the Irish | Terry Moran, investigador privado | |
| Government Girl | Sergeant Joe Blake | ||
| 1945 | A Tree Grows in Brooklyn | Johnny Nolan (The Brooklyn Thrush) | |
| The Caribbean Mystery | Mr. Smith | ||
| 1946 | That Brennan Girl | Denny Reagan alias Prof. Who's Its | |
| 1947 | Killer McCoy | Brian McCoy | |
| 1948 | Texas, Brooklyn and Heaven | Mike | |
| 1950 | A Wonderful Life | ||
| The Golden Gloves Story | Joe Riley | ||
| 1960 | The Bramble Bush | Stew Schaeffer | |
| 1962 | Hemingway's Adventures of a Young Man | Telegrafista | |
| 1966 | The Oscar | Network Executive | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "James Dunn, Actor, Dies". The Daytona Beach News-Journal. 4 de setembro de 1967. Consultado o 10 de decembro de 2011.
- 1 2 3 James Dunn Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Allocine.co.uk.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Remembering Jimmy: The Life and Films of James Dunn
- James Dunn na IMDb (en inglés).
- James Dunn en Virtual History