James C. Adamson
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de marzo de 1946 Warsaw |
| Educación | Universidade de Princeton Conference Board of Canada (en) Universidade McMaster Academia Militar dos Estados Unidos Escola de Pilotos de Test Naval dos Estados Unidos |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, enxeñeiro de aviación, aviador |
| Empregador | NASA, astronauta Academia Militar dos Estados Unidos |
| Carreira militar | |
| Rango militar | coronel (pt) |
| Participou no conflito | Guerra do Vietnam |
| Tempo no espazo | 13 días, 22 horas e 21 minutos |
| Premios | |
James Craig Adamson, nado en Warsaw, Nova York, o 3 de marzo de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-28 e STS-43.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adamson graduouse en enxeñaría e como tenente segundo da Armada pola Academia Militar de West Point en 1969 e é máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Princeton en 1977.[1][2]
Estivo empregado pola NASA no Centro Espacial Lyndon B. Johnson entre 1981 e 1992 traballando como piloto de probas e oficial de aerodinámica no control de misión durante a fase de probas do programa do transbordador espacial. Foi seleccionado como astronauta en 1984, participando nas misións STS-28 e STS-43 e pasando un total de 13,93 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1992, aínda que seguiu como consultor da axencia.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2022). "Adamson, James Craig 'Jim'" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- 1 2 3 NASA, ed. (outubro de 2002). "JAMES C. ADAMSON (COLONEL, U.S. ARMY, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James C. Adamson |