STS-28

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-28
Aterraxe da misión STS-28
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de agosto de 1989, 12:37 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión5,04 días[6]
Obxectivo da misiónMisión militar, carga clasificada.[3][6]
Regreso13 de agosto de 1989[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1989-061A

STS-28 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 8 de agosto de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-28, con cinco astronautas a bordo, todos militares, foi lanzada para poñer en órbita dous satélites militares clasificados. A tripulación estaba formada polo comandante Brewster H. Shaw, o piloto Richard N. Richards e os especialistas de misión James C. Adamson, David C. Leestma e Mark N. Brown.[3][5][6][7]

Este foi o primeiro voo do Columbia despois de ser sometido a unha revisión e mellora dos seus sistemas. Foi a cuarta misión adicada a cargas clasificadas do Departamento de Defensa. Como misión secundaria a tripulación levou a cabo investigacións biomédicas. O transbordador regresou a terra sen incidentes na Base Edwards da Forza Aérea o 13 de agosto de 1989.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 28" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 19 December 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-00231). 3 de xaneiro de 1990: 15. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 28" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-28" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-28" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (6 de outubro de 2020). "STS-28" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]