Jaime Duque Grisales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime Duque Grisales
Busto Jaime Duque.JPG
Nacemento11 de xuño de 1917
 Villamaría
Falecemento5 de novembro de 2007
 Tocancipá
NacionalidadeColombia
OcupaciónPiloto
editar datos en Wikidata ]

Jaime Duque Grisales, nado en Villamaría o 11 de xuño 1917 e finado en Tocancipá o 7 de novembro de 2007, foi un piloto colombiano da década de 1940. É coñecido por ser o creador do Parque Jaime Duque que empezou a funcionar en 1983.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na poboación de Villamaría no departamento de Caldas, mais viviu os seus primeiros anos en Bogotá, a capital do país. Posteriormente viaxou ós Estados Unidos para estudar pilotaxe de avións rematando en 1944, cando regresou ó país para enrolarse na empresa de aviación comercial Avianca, onde se converteu en xefe de pilotos.[2]

A súa primeira esposa foi Yolanda Romero Moyano. Desta relación non houbo fillos.

En 1983, inaugurouse o parque que leva o seu nome, situado no concello de Tocancipá, en Cundinamarca, a 34 quilómetros de Bogotá e a uns 20 quilómetros do municipio de Chía. Inaugurou e organizou rutas internacionais de Avianca; cruzou os mares utilizando a navegación astronómica, cando non existían axudas de radio.

Faleceu en 2007 ós 90 anos por mor de complicacións renais e cardíacas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obituario - Jaime Duque Grisales. Revista Semana. Consultado o 3 de abril de 2011
  2. Murió Jaime Duque, el creador del parque que lleva su nombre, en Tocancipá. Caracol Radio. Consultado el 3 de abril de 2011