Jackie Coogan
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de outubro de 1914 Os Ánxeles |
| Morte | 1 de marzo de 1984 Santa Monica |
| Causa da morte | cardiopatía |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión, aviador, humorista |
| Período de actividade | 1917 |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Familia | |
| Cónxuxe | Betty Grable (1937–1939) Ann McCormack Flower Parry |
| Fillos | Jackie Coogan Jr. ( |
| Pais | Jack Coogan Sr. |
| Irmáns | Robert Coogan |
| Premios | |
John Leslie Coogan Jr., nado nos Ánxeles (California) o 26 de outubro de 1914, e finado en Santa Monica, no mesmo estado, o 1 de marzo de 1984, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira xa de neno no cinema mudo. Tras algún papel curto no cinema descubriuo Charles Chaplin actuando en Vodevil, ao sorprenderlle os seus movementos corporais e a súa mímica. Así, en 1921, faría o papel máis importante da súa carreira, O cativo, ao ano seguinte tamén realizou un papel polo que foi lembrado, en Oliver Twist de Frank Lloyd. Porén a súa época de neno prodixio sería o momento de maior popularidade xa que a pesar de seguir facendo papeis no cinema a súa popularidade non deixou de descender, ao final da súa carreira o papel máis importante foi o de Uncle Fester (Tío Fétido) na serie de televisión A familia Adams.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jackie Coogan |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |