JAK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JAK Medlemsbank
Tipoinstitución financeira
Fundación1997
LocalizaciónSkövde, Suecia
Industriaservizos financeiros
Na rede
http://jak.se/
editar datos en Wikidata ]

O JAK Medlemsbank (banco dos cooperativistas do JAK), é unha institución financeira cooperativa, de propiedade dos seus membros, con sede en Skövde, Suecia. JAK é o acrónimo de Jord Arbete Kapital en sueco, isto é, capital do traballo da terra.

Os 35,000 cooperativistas (2008) ditan a dirección e a política do banco. O consello de administración é elixido anualmente polos cooperativistas, a quen só se lles permite posuír unha acción do banco. JAK Medlemsbank non carga nin cobra xuros polos préstamos, un principio que partilla coa banca islámica. Todas as actividades do banco acontecen fóra do mercado de capitais pois os seus créditos son financiados só polos aforros dos cooperativistas. Na altura de 2008 os cooperativistas deran aforrado 97 millóns de euros, dos que 86 millóns déranse como créditos aos cooperativistas.

A banca JAK é posíbel por un sistema de puntos de aforro: os membros acumulan puntos de aforro durante períodos de aforro, usan os puntos de aforro para pedir un crédito. A idea principal é que se lle permite a calquera persoa tomar un préstamo para si mesmo na mesma medida que el permite ás outras persoas tomar préstamos a súa vez, e isto aforrando na súa conta. Por esta razón (pedir un crédito) os puntos de aforro gañados deben ser iguais aos puntos de aforro gastados para asegurar a sustentabilidade. Se un membro está tomando mais puntos de aforro dos que ten, el ven obrigado a continuar acumulando os así chamados "aforros a posteriori" durante o período de reembolso. Os "aforros a posteriori" son unha cota fixada de diñeiro que debe ser aforrada "despois" (a posteriori) de concederse o crédito, de tal maneira que se poidan seguir gañando puntos de aforro. Deste xeito, no fin do período de reembolso, os puntos de aforro gañados serán iguais aos puntos de aforro gastados, e nesa altura o membro poderá recuperar todos os seus "aforros a posteriori".

Historia[editar | editar a fonte]

A sociedade cooperativa Jord Arbejde Kapital fundouse en Dinamarca durante a Gran Depresión, en 1931. A sociedade emitiu unha moeda local popular, que foi posteriormente ilegalizada polo goberno danés en 1933. A sociedade fundou en 1934 un sistema de créditos e aforros libres de xuros e un sistema de trocos local. Ambos dous sistemas foron forzados a cerrar, mais o sistema de aforros e créditos rexurdiu en 1944. Os experimentos bancarios da JAK danesa inspiraron un grupo en Suecia para desenvolver un proxecto xemelgo chamado Jord Arbete Kapital - Riksförening för Ekonomisk Frigörelse (Asociación Nacional para Emancipación Económica) en 1965. Este grupo de pioneiros desenvolveu o sistema matemático baseado en puntos de aforro, chamado "sistema de aforro equilibrado". A asociación medrou lentamente nos comezos e só recibiu unha licenza bancaria da autoridade supervisora financeira sueca a fins de 1997.

Filosofía[editar | editar a fonte]

Segundo a filosofía do JAK, a inestabilidade económica é o resultado da recadación de intereses.

JAK traballa baixo as seguintes premisas:

  • A recadación de intereses é inimiga dunha economía estábel
  • Os intereses causan desemprego, inflación e destrución ambiental
  • Os intereses desprazan o diñeiro da xente pobre para a xente rica
  • Os intereses favorecen proxectos que procuran altos lucros a curto prazo

O obxectivo derradeiro do JAK é abolir o interese como un instrumento económico e substituílo con instrumentos que sexan no mellor proveito da xente. O primeiro propósito do banco é ofertar un instrumento financeiro viábel aos seus membros, sustentábel para o medio ambiente e ao servizo da economía local.

Pertenza[editar | editar a fonte]

A mercadotecnia para o JAK está feita primeiramente por voluntarios e publicidade de boca en boca. Arredor de 550 membros organizados en 28 axencias locais traballan sen cobrar espallando a idea do JAK e procurando novos membros. Acéptanse depósitos e danse préstamos en coroas suecas. Garantías persoais ou hipotecas só son concedidas se a propiedade do fiador é sueca. É obrigatorio ser morador en Suecia para solicitar crédito co JAK. Os aforros dos membros están cubertos pola garantía de depósitos do sistema bancario sueco.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]