Saltar ao contido

Järfälla

Järfälla
 Nome curto
    Järfälla (sv)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Retrouso
Järfälla visar vägen Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 reforma municipal sueca de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q10541770 Traducir (1863 - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
Jakobsberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
69.868 (2014) rexistro de poboación en Suecia
75.296 (2017)
75.798 (2017)
76.453 (2017)
76.990 (2018)
77.412 (2018)
77.922 (2018)
78.480 (2018)
79.015 (2019)
79.535 (2019)
79.922 (2019)
79.990 (2019)
80.310 (2020)
80.565 (2020)
80.924 (2020)
81.274 (2020)
81.825 (2021)
82.355 (2021)
82.646 (2021)
83.170 (2021)
83.489 (2022)
84.053 (2022)
84.723 (2022)
85.460 (2022)
85.878 (2023)
86.062 (2023)
85.994 (2023)
86.330 (2023)
86.734 (2024)
87.323 (2024)
88.219 (2024)
88.950 (2024)
89.435 (2025)
89.827 (2025)
90.223 (2025)
90.180 (2025)
90.397 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
5.775 (2019)
4.725 (2017)
5.125 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
63,03 km²
53,79 km² terra
9,24 km² corpo de auga
63,03 km²
9,24 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF142786097 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404333654 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ylkq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-8-580-285-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: jarfallakommun Twitter: Jarfalla_kommun LinkedIn: jarfallakommun Youtube: UC9oMqcmPf37fA4oXqKKEqbA Flickr: 53795956@N07 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Järfälla é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Jakobsberg, que é parte do núcleo urbano de Estocolmo. En decembro de 2024 a poboación do concello era de 88 950 habitantes.[2]

A superficie do concello está en gran parte urbanizada, e son principalmente as zonas costeiras as que están libres de edificacións. Alí o terreo é accidentado con ribeiras empinadas que están parcialmente cubertas de árbores. O alto nivel de desenvolvemento urbanístico levou a solucións creativas para preservar a natureza. Por exemplo, a reserva natural de Norra Igelbäcken inclúe un antigo aeródromo e debaixo está a construírse unka liña de metro.[3]

O municipio de Järfälla está asociado principalmente ao comercio, que se debe á construción do centro comercial de Barkarby, un dos máis grandes de Suecia. Tamén é no comercio, a educación, a saúde e a industria onde se atopan a maioría dos postos de traballo.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

O concello rural de Järfälla formouse coa reforma municipal de 1863 a partir da parroquia de Järfälla no härad de Sollentuna no condado de Estocolmo.

O 1 de xaneiro de 1947 (segundo unha decisión de 29 de marzo de 1946) as propiedades deshabitadas de Barsbro 1:5, 1:203 e 1:204, que cobren unha superficie de 0,01 km², foron transferidas do municipio rural e parroquia de Järfälla ao concello rural e parroquia de Spånga. Ao mesmo tempo, en termos de contabilidade da propiedade, a propiedade de Barsbro 1:2, que abarcaba unha área de 0,02 km², foi transferida da parroquia de Järfälla á parroquia de Spånga. Barsbro 1:2 xa formara parte anteriormente, tanto a nivel municipal como eclesiático, do concello e da parroquia de Spånga.[4]

O concello non se viu afectado pola reforma municipal do 1 de xaneiro de 1952.[4]

O 1 de xaneiro de 1955, unha área (a vila de Kallhäll) con 295 habitantes e que abarcaba unha superficie de 0,31 km², foi transferida ao concello rural de Järfälla dende o köping de Sollentuna. Ao mesmo tempo, a área de Stäket con 512 habitantes e que abarcaba unha superficie de 8,41 km², foi transferida a Järfälla dende o municipio rural de Upplands-Väsby e a parroquia de Eds.[5]

O 1 de xaneiro de 1956 transferíuse a Järfälla dende a cidade de Estocolmo unha área de 0,01 km².

O actual concello de Järfälla naceu coa reforma municipal do 1 de xaneiro de 1971 a través da transformación do concello rural de Järfälla. En 1975 tranferíuse a aldea de Kyrkhamn, que está xusto ao norte de Lövsta, ao concello de Eestocolmo. Tamén Riddersvik, que forma parte da zona de Lövsta (na actual vila de Hässelby), e a maior parte de Lövsta foron entón incorporados a Estocolmo.[6]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Järfälla atópase no sur do landskap de Uppland, na ribeira leste do lago Mälaren. O municipio limita ao noroeste co concello de Upplands Väsby, ao leste co de Sollentuna, ao sueste co de Estocolmo, ao oeste ten unha fronteira marítima co de Ekerö, e ao noroeste limita co de Upplands-Bro, todos eles no condado de Estocolmo.

O documento máis antigo onde se nomea a Järfälla ten máis de 700 anos e está datado o 26 de xaneiro de 1310. No documento, que é un testamento redactado polo arcebispo Nils Kettilsson, Ragnwald Ingesson deixa entre outras cousas un marco de prata romano á igrexa e ao vicario de "gerfelli" ou "gerfelle". O nome componse das palabras "gere" ou "ger", que significa anaco de terra en forma de cuña, e "fielder" ou ”fjäll”, que significa prado ou campo aberto e deriva do sueco antigo. Järfälla significa así "o prado en forma de cuña" ou "o campo aberto en forma de cuña".

A zona leva habitada dende o neolítico. Na idade media varias rutas importantes atravesaban a área que contitúe o actual concello de Järfälla. A finais da década de 1990 excavouse o asentamento medieval de Kalvshälla. Co tempo Barkarby converteuse nun importante nó de comunicacións dende que a propietaria das granxas de Jakobsberg e Skälby, Brita Cruus, recibiu permiso para abrir unha taberna alí en 1671.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-11.
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-12.
  3. "Norra Igelbäcken". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-12.
  4. 1 2 "Folkräkningen den 31 december 1950, I, Areal och folkmängd inom särskilda förvaltningsområden m.m., Tätorter." (PDF). Statistiska centralbyrån. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2025.
  5. "Folkräkningen den 1 november 1960, I, Folkmängd inom kommuner och församlingar efter kön, ålder, civilstånd m.m." (PDF). Statistiska centralbyrån. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2025.
  6. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.