Ismael García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 (35/36 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de fútbol |
Deporte | fútbol |
Ismael García Gómez, nado en Ourense o 1 de xuño de 1988, é un adestrador de fútbol galego. Dende 2022 traballa como segundo adestrador do Galatasaray, da Süper Lig turca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade da Coruña e obtivo o título de seleccionador nacional de fútbol en 2012 a través da Real Federación Española. Entre 2009 e 2013 traballou no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña e tamén estivo no departamento de exploración da secretaría técnica do primeiro equipo e como analista do adestrador José Luis Oltra.[1]
Na tempada 2013/14 seguiu a Oltra ata o Mallorca, onde traballou xunto a el ata que o valenciano foi cesado en febreiro de 2014. Durante esa época traballou por primeira vez como adestrador principal, dirixindo o Murense FC, da Rexional Preferente, logrando os seus obxectivos deportivos a pesar dun mal inicio de tempada. En outubro de 2014, foi contratado como adestrador da academia de formación técnica da Fundación Real Madrid en Singapur, onde permaneceu ata xuño de 2016. Tamén participou en varios cursos de fútbol en diferentes países de Asia e Oceanía.[2]
En xullo de 2016 foi nomeado adestrador do CE L'Hospitalet, do Grupo III da Segunda División B, sendo o segundo técnico máis novo da categoría.[2] Dirixiu o equipo ata febreiro de 2017, cando acordou co club a súa saída, ocupando o equipo postos de descenso.[3]
En xullo de 2017 entrou como asistente no Arsenal Women FC, por aquel entón o único club inglés cunha Liga de Campións, sendo colaborador de Pedro Martínez Losa.[4] Trala destitución deste, colleu as rendas do equipo durante varias semanas.[5] En decembro de 2017, Joe Montemurro foi nomeado adestrador do equipo, volvendo a actuar Ismael García como asistente ata o final da tempada.
En xullo de 2018 regresou ao Deportivo da Coruña, para traballar como observador na directiva de Carmelo del Pozo.[6] Para a tempada seguinte marchou ao Asteras Tripolis da Superliga grega, como axudante de Borja Jiménez, ata que este foi destituído só cinco meses despois.[7][8][9] No verán de 2020 ingresou no corpo técnico do Udinese, da Serie A italiana, onde traballou durante dous anos cos adestradores Lucca Gotti e Gabriele Cioffi.[1]
En xullo de 2022 recibiu a chamada do adestrador e exfutbolista turco Okan Buruk, que lle ofreceu o posto de segundo adestrador seu no Galatasaray.[1] Na súa primeira campaña en Turquía, o equipo gañou a Süper Lig, despois de catro anos sen conseguilo.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rodríguez, Luis M. (10 de outubro de 2023). "Ismael García, técnico asistente en el Galatasaray: «En Turquía se vive el fútbol con pasión en la victoria y la derrota»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Un ourensano, técnico del Hospitalet en 2ª B". La Región (en castelán). 10 de xullo de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ Farrés, Héctor (6 de xullo de 2016). "Ismael García se hace con los mandos de L'Hospitalet" (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ "PEDRO A GUNNERS LOSA Arsenal Ladies boss Pedro Martinez Losa leaves after three years following poor start to season" (en inglés). 26 de outubro de 2017. Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ "El Arsenal de Ismael García no pudo con el Chelsea". La Región (en castelán). 6 de maio de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ "Configurada a secretaría técnica e o departamento de captación do Deportivo para esta temporada". 15 de agosto de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ Nieto, Laureano (24 de novembro de 2019). "El ourensano Ismael García: "Creo que podemos dar la sorpresa ante Olympiacos"". La Región (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ "Αστέρας: Ανακοίνωσε τους συνεργάτες του Χιμένεθ" (en grego). 22 de xullo de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ "Borja Jiménez deja de ser entrenador del Asteras" (en castelán). 10 de decembro de 2019. Consultado o 25 de maio de 2021.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (20 de xuño de 2023). "Ismael García, el entrenador ourensano que ganó una Superliga con el Galatasaray" (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2023.