Saltar ao contido

Isabel Pardo de Vera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel Pardo de Vera

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalIsabel Pardo de Vera Posada
Biografía
Nacemento1975
Lugo
Secretario de Estado Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible
27 de xullo de 2021 – 21 de febreiro de 2023
Presidenta Adif, Q115684403 Traducir
29 de xuño de 2018 – 27 de xullo de 2021
← Juan Bravo Rivera (en) TraducirMaría Luisa Domínguez González (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade da Coruña - enxeñaría civil (–2001) Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPresidenta de ADIF
Familia
PaisGerardo Pardo de Vera Editar o valor en Wikidata  e Ana Luisa Posada Editar o valor en Wikidata
IrmánsAna Pardo de Vera Editar o valor en Wikidata

LinkedIn: isabel-pardo-de-vera-posada-348029177 Dialnet: 2580554 Editar o valor en Wikidata

Isabel Pardo de Vera Posada, nada en Lugo en 1975, é enxeñeira de camiños, canais e portos[1]. Dende xuño do 2018 ocupa o cargo de Presidenta da entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Isabel Pardo de Vera é filla de Gerardo Pardo de Vera e irmá da xornalista Ana Pardo de Vera.[3] Estudou enxeñería na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.[4]

Posteriormente, traballou como delegada de Noroeste de Sondeos, Estructuras y Geotecnia S.A. e foi directora de obras en INECO-TIFSA.[4] En 2007 entrou en ADIF a través da Oferta de Emprego Público onde desempeñou diversos cargos. En 2015 solicitou unha excedencia en ADIF e foi directora de Mobilidade e Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.[5]

No ano 2016, reincorporouse a ADIF e desempeñou os cargos de Directora Xeral de Explotación e Construción de Adif e Directora Xeral de Adif Alta Velocidade.[1] O 29 de xuño de 2018 foi nomeada Presidenta de ADIF, sendo a primeira muller en ocupar dito cargo.[6][7][8] En xullo de 2021 foi nomeada Secretaria de Estado de Transportes.[9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2017 recibiu unha das medallas ao mérito do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.[10] En 2019 foi galardoada cunha das medallas ao mérito profesional do Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.[11]

  1. 1,0 1,1 "Isabel Pardo de Vera Posada. Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana". www.mitma.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-15. 
  2. Lugo, El Progreso de (2018-06-28). "La lucense Isabel Pardo de Vera, nueva presidenta de Adif". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2020-08-15. 
  3. "El vertiginoso ascenso de las ‘aristócratas’ Pardo de Vera". Crónica Global (en castelán). Consultado o 2020-08-15. 
  4. 4,0 4,1 "CV Isabel Pardo de Vera" (PDF). Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia. Consultado o 15-08-2020. 
  5. "Noticia-La ex gerente de Adif en Galicia cubre el puesto de dirección del Servicio de Movilidad en la Diputación de Pontevedra - Actualidad". www.depo.gal (en castelán). Consultado o 2020-08-15. 
  6. "La gallega Isabel Pardo de Vera toma las riendas de Adif". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-15. 
  7. "BOE.es - Documento BOE-A-2018-9063". www.boe.es. Consultado o 2020-08-15. 
  8. "A galega Isabel Pardo de Vera, nova presidenta de Adif". Praza Pública. 2018-06-28. Consultado o 2020-08-15. 
  9. Isabel Pardo de Vera será la nueva secretaria de Estado de Transportes
  10. Coruña, La Opinión de A. "Ingenieros de Caminos entregan sus Medallas". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-08-15. 
  11. Publicado. "Emotiva ceremonia de entrega de las Medallas de Honor y Mérito Profesional en el Colegio Caminos – Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-08-15.