Isabel García Pacín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel García Pacín
Nome completoIsabel García Pacín
Nacemento1973
 Friol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Isabel García Pacín, nada en Friol en 1973, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeira técnica agrícola e especialista en Explotacións Agropecuarias pola Escola Politécnica Superior de Lugo. Elixida concelleira nas municipais de 1999 no concello de Friol foi concelleira de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude até 2003. Despois fíxose cargo da Delegación de Cultura, Xuventude, Asuntos Sociais, Promoción do emprego e Programas Europeos. En 2007 substituíu como deputada a Xosé Manuel Barreiro Fernández. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 e volveu ser elixida nas eleccións de 2012. É portavoz de Medio Rural, Gandaría e Agricultura do Grupo Popular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]