Irmáns Taviani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irmáns Taviani
Paolo Taviani and Vittorio Storaro.jpg
Paolo Taviani co director de fotografía Vittorio Storaro en 2010
Nacionalidade Italia Italia
Profesión Directores
editar datos en Wikidata ]

Paolo Taviani, nado en San Miniato (Toscana) o 8 de novembro de 1931 e Vittorio Taviani, nado na mesma localidade o 20 de setembro de 1929 son directores de cinema e guionistas italianos. Sempre traballan xuntos, dirixindo cada un escenas alternas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ambos os dous comezaron as súas carreiras como xornalistas. Chegaron ao mundo do cinema en 1960, dirixindo con Joris Ivens o documental L'Italia non è un paese povero, ao que seguiron Un uomo da bruciare (1962) e I fuorilegge del matrimonio (1963), con Valentino Orsini.

O seu primeiro filme autónomo foi I sovversivi (1967) e gañaron atención con Baixo o signo de scorpio (1969). En 1977 gañaron a Palma de Ouro do Festival de Cannes con Padre padrone.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Colaboradores[editar | editar a fonte]

Nicola Piovani compuxo a banda sonora de oito dos seus filmes, desde La notte di San Lorenzo a Luisa Sanfelice, agás Le affinità elettive, que tivo música de Carlo Crivelli.

Lina Nerli Taviani, esposa de Paolo, foi a deseñadora do vestiario da meirande parte dos seus filmes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]