Saltar ao contido

Ipse dixit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O político romano Marco Tulio Cicerón acuñou a frase ipse dixit, que se traduce do latín como "el mesmo dixo".

Ipse dixit é unha expresión latina que significa "el mesmo dixo".

En lóxica, ipse dixit coñécese como a falacia da afirmación gratuíta.[1] Unha forma desta falacia pódese resumir do seguinte xeito:

  • Feito 1: X afirma a declaración A.
  • Feito 2: X afirma que X non está mentindo.
  • Conclusión: Polo tanto, A é verdadeira ou falsa, segundo o que X afirme.

Unha afirmación gratuíta nega que unha cuestión sexa debatible. Noutras palabras, "as cousas son así porque si".[2] A forma máis básica de distorsionar unha cuestión é negar que exista.[3]

Ipse dixit úsase para identificar e describir unha declaración dogmática que o falante espera que o oínte acepte como válida,[4] é unha especie de dogmatismo arbitrario.[5] A única proba que temos do feito é que esta persoa o dixo.[6]

O ipse dixit implica que unha afirmación non probada é verdadeira porque foi dita por unha autoridade no tema. A opinión pode ter algún peso baseado só na autoridade ou na posición da persoa que o dixo,[7] e está moi conectado coa falacia do argumentum ad verecundiam.[8]

Historia[editar | editar a fonte]

No De natura deorum (Sobre a Natureza dos Deuses), o escritor romano Cicerón (106–43 a. C.) acuñou o termo ipse dixit como un erro en dereito, sendo a súa tradución da expresión grega (do mesmo significado) autòs épha (αὐτὸς ἔφα), describindo os estudantes de Pitágoras.[9][10]

Jeremy Bentham cambiou o termo ipse-dixit á palabra ipse-dixitismo para aplicalo a argumentos políticos.[11][12]

En 1858, Abraham Lincoln, nun debate co seu rival Douglas, declarou:

"Quero dicir que, en primeiro lugar, non fixen ningún tipo de acusación baseada no meu ipse dixit. (...) Só expuxen as evidencias que tenden a probalas e presenteillas á comprensión doutros, dicindo o que penso que proba, pero dando os medios de xulgar se proba ou non. (...) Eu non me apoiei de ningún xeito no meu ipse dixit."[13]

En Alicia no país das marabillas, o problema de ipse dixit explícase cun exemplo.[14]

    "Cando eu uso unha palabra," dixo Humpty Dumpty, cun ton algo despectivo, "significa xusto o que eu escolla que signifique—nin máis nin menos."

    "A cuestión é," dixo Alicia, "se podes facer que as palabras signifiquen tantas cousas diferentes."

    "A cuestión é," dixo Humpty Dumpty, "quen é o amo      iso é todo."[15]

Ipse dixit está especificado no dereito estadounidense. Por exemplo, nun caso de 1997, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos recoñeceu o problema da "evidencia de opinión que está conectada a datos existentes só polo ipse dixit dun experto".[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bare assertion fallacy" at Findthedata.org[Ligazón morta]; recuperado 2012-12-10.
  2. Kemper, Dave; Meyer, Verne; Rys, John Van; Sebranek, Patrick (2012-12-20). WRITE1 (en inglés). Cengage Learning. ISBN 978-0-618-64219-9. 
  3. VanderMey, Randall; Meyer, Verne; Rys, John Van; Sebranek, Patrick (2012-01-10). COMP (en inglés). Cengage Learning. ISBN 978-1-133-30774-7. 
  4. Whitney, William Dwight; Smith, Benjamin Eli (1906). The Century Dictionary and Cyclopedia (en inglés). Century Company. 
  5. Westbrook, Robert Brett; Westbrook, Robert B. (1991). John Dewey and American Democracy (en inglés). Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-8111-6. 
  6. "Legal Dictionary - Law.com". Law.com Legal Dictionary (en inglés). Consultado o 2024-07-01. 
  7. "Ipse Dixit Definition". www.nolo.com (en inglés). Consultado o 2024-07-01. 
  8. "Falacia ad verecundiam". Lenguaje.com (en castelán). Consultado o 2024-07-01. 
  9. Bentham, Jeremy (1838). Works of Jeremy Bentham (en inglés). W. Tait. 
  10. Poliziano, Angelo. (2010). Angelo Poliziano's Lamia: Text, Translation, and Introductory Studies, p. 26; extracto, "En De natura deorum de Cicerón, así como noutras fontes, a frase “Ipse dixit” apuntaba á noción de que os discípulos de Pitágoras usarían esa curta frase como xustificación para adoptar unha posición: se o mestre o dixo, era suficiente para eles e non había necesidade de argumentar máis."
  11. Bentham, Jeremy. (1838). Works of Jeremy Bentham, p. 192; extracto, "... non é un mero ipse dixit o que nos xustificará para dar crédito á utilidade a institucións nas que non se discerne ningunha traza de utilidade."
  12. Bentham, Jeremy. (1834). Deontology; or, The science of morality, Vol. 1, p. 323; extracto, "ipsedixitism ... ven dunha autoridade antiga e elevada, —é o principio recoñecido (como Cicerón nos informa) polos discípulos de Pitágoras. Ipse (el, o mestre, Pitágoras), ipse dixit, -—el dixo; o mestre dixo que é así; polo tanto, din os discípulos do ilustre sabio, polo tanto é así."
  13. Lincoln, Abraham (1953.). Collected Works of Abraham Lincoln. Volume 3 [Aug. 21, 1858-Mar. 4, 1860]. 
  14. Filan, Patrick J. "Opinions Must Be Based On Facts: Unlike Humpty Dumpty, witnesses can't make unproven assertion," Connecticut Law Journal, Vol. 37, No. 46 (November 14, 2011) citando Alicia a través do espello; recuperado 2012-12-11.
  15. Caroll, Lewis. (2000). The Annotated Alice: Alice's Adventures in Wonderland & Through the Looking Glass, p. 213[Ligazón morta].
  16. Filan, citando General Electric Co. v. Joiner, 522 U.S. 136, 137; 118 S.Ct. 512; 139 L.Ed.2d 508 (1997).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]