Saltar ao contido

Intuición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En psicoloxía e as ciencias cognitivas, chámaselle intuición ao coñecemento que non segue un camiño racional para a súa construción e formulación, e polo tanto non pode ser explicado ou incluso verbalizado. O individuo pode relacionar ese coñecemento ou información de experiencias previas, pero polo xeral é incapaz de explicar porqué chega a unha determinada conclusión. A intuición adoita presentarse máis como reaccións emotivas repentinas a acontecementos, ou sensacións, ca como pensamentos abstractos elaborados.

Enfoques racionais da intuición

[editar | editar a fonte]

Algúns expertos cren que a intuición é unha forma de coñecemento inconsciente, que proviría de porcións funcionais do sistema nervioso que non están asociadas co pensamento racional, de alí a imposibilidade de expresalo en termos de razoamento, e a súa maior afinidade ás emocións e o coñecemento non verbal.

Pese a non ser un coñecemento racional, a intuición inflúe no xeito en que se elaboran estruturas tan racionais como o coñecemento científico. En xeral chámaselle serendipidade ao coñecemento previo sen xustificación racional, de que certo labor científico vai xerar resultados interesantes. A serendipidade pese a ser intuición propiamente dita, está directamente relacionada co nivel de coñecemento que teña unha persoa sobre o tema de estudo. De modo que moitos a explican simplemente como experiencia.

Existe un enfoque na filosofía das matemáticas chamado intuicionismo, que é unha forma de construtivismo.

No ocultismo

[editar | editar a fonte]

Varios relatores do ocultismo e o paranormal consideran que certas instancias de intuición son en realidade unha manifestación de capacidades extrasensoriais, por exemplo, precognición ou telepatía.