Ingenuus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ingenuus
Ingenuus.jpg
Nacementomilenioxuliano
Falecemento260
 Osijek
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Decimus Lælius Ingenuus, denominado Ingenuus (en latín: Ingenuus), ou Ingebo (Ingebus) segundo Aurelio Víctor,[1] foi un oficial e usurpador do século III contra os emperadores Valeriano (reinou entre 253260) e Galiano (reinou entre. 253–268), un dos Trinta Tiranos da Historia Augusta.

Inicialmente, foi un gobernador na Panonia Inferior ou Superior[2] e supervisor de Valeriano II, fillo de Galiano, na rexión durante o 260. Posiblemente despois da captura de Valeriano polo Imperio Sasánida rebelou-se en Sirmio co apoio das lexións de Mesia. A súa usurpación foi efémera pois Galiano mailo seu comandante Aureolus derrotárono na batalla de Mursa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antoniniano de Galiano (r. 253–268)

Ingenuus aparece nas fontes en 258, cando era gobernador da Panonia Inferior ou Superior ou de ámbalas dúas. John Bray suxeriu, aínda que non había probas diso, que fora senador antes do seu nomeamento, o que reforzaría o costume do momento de elixir senadores para os cargos de gobernadores provinciais. Naquela época, Valeriano, fillo de Galieno (r. 253-268), era gobernador nominal desa parte do Imperio Romano, e tamén é posible que Ingenuus fose colocado como o seu supervisor. O Continuador de Dión Casio alude ao nomeamento de Ingenuus por Galiano nunha pasaxe na que relata unha suposta conversa entre a emperatriz Salonina e Valentino na que ela lle expresa o seu descontento polo nomeamento e a súa falta de confianza en Ingenuus.[3]

William Leadbetter, xulgando o seu papel como o de supervisor, considera que a morte temperá de Valeriano ese ano debeu sacudir a súa posición política, mais o feito de que Galiano estivese atendendo os problemas noutras partes do Imperio romano seguramente o beneficiou.[4] A Historia Augusta afirma que Ingenuus aproveitou esa circunstancia para reivindica-la púrpura imperial. En 1966, Jeno Fitz datou a súa revolta no 258 ao vencellar o episodio coa morte de Valeriano II e co suposto medo a unha invasión marcomana. Porén, a literatura máis recente dátao no 260, pouco despois da captura de Valeriano (r. 253-260) por Sapor I (r. 240-270) do Imperio sasánida.[1][5]

A falta de probas sobre unha invasión marcomana en 258, así como a falta de moedas acuñadas en nome de Ingenuus son os principais obstáculos para acepta-la teoría de Fitz. Sobre todo, unha escaseza de moedas demostra que gobernou por pouco tempo e nunha área xeográfica onde as moedas non estaban dispoñibles para as súas emisións.[4] Segundo John Bray, non había ningunha ceca dispoñible en Viminacium no momento da súa usurpación, pero puido comezar inmediatamente a explorar a zona baixo o seu control por parte dos artesáns para valida-lo seu título emitindo moeda.[6] Por outra banda, no catálogo do numismático Henry Cohen non figura ningunha moeda emitida por Ingenuus.[7]

Ingenuus foi proclamado emperador en Sirmium polas lexións de Mesia.[1] Cando a noticia chegou a Galiano, o seu exército marchou rapidamente cara a Panonia, onde derrotou a Ingenuus en Mursa Maior; Aureolus xogou un papel central na vitoria. Ingenuus morreu pelexando ou quizais suicidouse para evitar ser capturado.[4] A revolta, aínda que derrotada pola súa morte, rexurdiu pouco despois de Regaliano.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Martindale (1971), p. 457.
  2. Canduci (2010), p. 83.
  3. Bray (1997), p. 65.
  4. 4,0 4,1 4,2 Leadbetter, William (24 de detembro de 1998). "Ingenuus (260 A.D.)". roman-emperors.org (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  5. Bray (1997), p. 67.
  6. Bray (1997), p. 75.
  7. Cohen (1859), p. 1.
  8. Vagi (2000), p. 286.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bray, John (1997). Gallienus : A Study in Reformist and Sexual Politics (en inglés). Kent Town: Wakefield Press. ISBN 1-86254-337-2. 
  • Canduci, Alexander (2010). Triumph & Tragedy: The Rise and Fall of Rome's Immortal Emperors (en inglés). Sidney: Murdoch Books. ISBN 978-1-74196-598-8. 
  • Cohen, Henry (1859). Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain (en francés) VI. París: Chez M. Rolin. 
  • Fitz, Jenö (1966). Ingenuus et Régalien. Colección: Latomus, 81 (en francés). Bruxelas: Berchem. 
  • Peachin, Michael (1990). Roman imperial titulature and chronology, A.D. 235-284. Serie: Studia Amstelodamensia ad epigraphicam, ius antiquum et papyrologicam pertinentia, 29 (en inglés). Ámsterdam: Gieben. ISBN 9789050630344. OCLC 21388903. 
  • Vagi, David L. (2000). Coinage and History of the Roman Empire, c. 82 B.C.– A.D. 480 (en inglés). Chicago: Fitzroy Dearborn. ISBN 9781579583163. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]