Indultos de Menem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Se coñecen como os indultos de Menem unha serie de dez decretos sancionados o 7 de outubro de 1989 e o 30 de decembro de 1990 polo daquela presidente da Arxentina Carlos Menem, indultando civís e militares que cometeron delitos durante a guerra sucia na Arxentina incluíndo aos membros das xuntas condenados no Xuízo ás Xuntas de 1985, o ministro de Economía José Alfredo Martínez de Hoz e os líderes das organizacións guerrilleiras. Mediante estes decretos foron indultados máis de 200 persoas [1].

As leis de Punto Final e Obediencia Debida e os indultos de Menem son coñecidas como as leis de impunidade.

Logo de que en 2003 o Congreso da Nación declarara a nulidade das leis de Punto Final e Obediencia Debida algúns xuíces comezaron a declarar inconstitucionais aqueles indultos referidos a crimes de lesa humanidade [2]

Os indultos de 1989[editar | editar a fonte]

O 7 de outubro de 1989 o presidente Menem sancionou catro decretos indultando a 220 militares e 70 civís.

  • Decreto 1002/89: Indulta a todos os xefes militares procesados que non foran beneficiados polas leis de Punto Final e Obediencia Debida, agás o ex-xeneral Carlos Guillermo Suarez Mason, que fora extraditado dos Estados Unidos.
  • Decreto 1003/89: É o máis confuso en canto ás persoas que beneficia. Indulta a líderes e membros dos grupos guerrilleiros e outras persoas acusadas de subversión, entre elas persoas que se atopaban mortas ou "desaparecidas". Tamén indulta a militares uruguaios.
  • Decreto 1004/89: Indulta a todos os participantes das rebelións militares carapintadas de Semana Santa e Monte Caseros en 1987 e de Villa Martelli en 1988.
  • Decreto 1005/89: Indulta aos ex-membros da Xunta de Comandantes Leopoldo Galtieri, Jorge Isaac Anaya e Basilio Lami Dozo, condenados polos delitos cometidos na condcción da Guerra das Malvinas.

Os indultos de 1990[editar | editar a fonte]

O 29 de decembro de 1990 o presidente Menem sancionou seis decretos indultando a un novo grupo de persoas.

Inconstitucionalidade dos indultos[editar | editar a fonte]

Logo de que en 2003 o Congreso da Nación declarara a nulidade das leis de Punto Final e Obediencia Debida algúns xuíces comezaron a declarar inconstitucionais aqueles indultos referidos a crimes de lesa humanidade [2] e a reabrir os casos.

O 15 de xuño de 2006 a Cámara de Casación Penal, máximo tribunal penal da Arxentina, considerou que os indultos concedidos en delitos de lesa humanidade eran inconstitucionais [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Debaten quen serían alcanzados pola derogación dos indultos, Línea Capital, 27 de marzo de 2006". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2007. 
  2. 2,0 2,1 "Declaran nulos e inconstitucionales los indultos de Menem a represores, La Capital, 20 de marzo de 2004". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2004. Consultado o 08 de abril de 2004. 
  3. "Tribunal sienta precedente para eliminar indultos en Argentina, Los Tiempos, 16 de xuño de 2006". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 03 de novembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]