Incandescencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Faíscas nunha chama dun chisqueiro de Bunsen.
Radiación do corpo negro comparada coa do manto de cerio-torio (CeO2/ThO2).[1]

A incandescencia[2] é unha emisión de luz pola calor. Todo corpo exposto a unha calor suficiente emite radiación electromagnética no espectro visible a partir dunha determinada temperatura.

A candoluminiscencia é o arcaísmo usado para describir a luz emitida por certos materiais que foron quentados a un estado incandescente e que emiten luz dunha lonxitude de onda máis curta da que se esperaría dun radiador de corpo negro típico. Noutra acepción, a candoluminiscencia e a incandescencia non son sinónimos perfectos, son fenómenos de emisión pero, como a fluorescencia e a fosforescencia, teñen as súas propias características, sendo a lonxitude de onda da luz emitida que no caso da candoluminescencia de menor lonxitude.

A calidade da luz emitida depende directamente da temperatura á que se atope o corpo, un corpo lixeiramente quente (ao redor de 1600 °C), emite luz vermella-laranxa, mentres que un corpo moi quente (ao redor de 5000 °C), emite luz moi branca e mesmo pode chegar ao branco azulado a temperaturas extremas (de 8000-9000 °C).

De aí a expresión red hot ou roxo vivo (ou lume vivo tamén en galego) para describir o estado dun metal na fragua. De aí tamén o brillo de lava dos volcáns (a roca fundida está tan quente que emite luz).

Para medir o estado de incandescencia dun obxecto ou describir a luz que emite, utilízase un modelo teórico chamado corpo negro.

Exemplos[editar | editar a fonte]

O fenómeno observouse nalgúns metais de transición, terras raras e materiais (cerámicos) de óxido de metal como o óxido de zinc, o óxido de cerio, ou o dióxido de torio, onde parte da luz é orixinada pola incandescencia-fluorescencia do material. O óxido de calcio tamén goza desta característica. A causa deste efecto pódese explicar pola excitación térmica directa dos ións metálicos do material.

A palabra candoluminiscencia utilízase pois dunha maneira informal para describir a luminiscencia de calquera material quentado até a incandescencia especificamente por unha chama. Os exemplos máis comúns de candoluminiscencia podémolos ver na brillante malla de óxido de cerio/torio (proporción de (1:99) dunha lámpada de queroseno ou dunha luz de gas e na malla incandescente dunha <i>limelight</i> (luz /candea de calcio) de antigo deseño. O óxido de calcio foi o primeiro en ser utilizado, e á parte de usalo na iluminación de gas, vaise facendo moi común o seu uso para iluminar escenarios. Realizamos unha aplicación práctica de alta potencia cun facho oxhídrico, unha luz que se empregou para iluminar os escenarios durante décadas co nome de <i>limelight</i> ou luz de escenario.

Resplandor[editar | editar a fonte]

Fálase tradicionalmente de resplandor:


Notas[editar | editar a fonte]

  1. R. W. Pohl, "Optik und Atomphysik".
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para incandescencia.

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dionysius Lardner (1833). Treatise on Heat. Longman, Rees, Orme, Brown, Green & Longman. [1]. "O estado no que un corpo quentado, naturalmente incapaz de emitir luz, cando se fai luminoso, chámase estado de incandescencia".
  • John E. Bowman (1856). An Introduction to Practical Chemistry, Including Analysis (Second American edition ed.). Philadelphia: Blanchard and Lea. [2].
  • William Elgin Wickenden (1910). Illumination and Photometry. McGraw-Hill. [3].