In/Casino/Out

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

In/Casino/Out
Álbum de At the Drive-In
Publicado18 de agosto de 1998
Gravación3-10 de xuño de 1998
Xénero(s)post-hardcore
Selo(s)Fearless Records
Producido porAlex Newport
Cronoloxía
El Gran Orgo
(1997)
In/Casino/Out Vaya
(1999)

In/Casino/Out é o segundo álbum da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, editado o 18 de agosto de 1998 a través do selo Fearless Records. Foi gravado como un directo no estudio, coa intención de capturar mellor o son en directo da banda. O álbum marca un claro camiño intermedio entre o son cru e lo-fi do seu primeiro disco, Acrobatic Tenement, e o son máis elegante e máis producido de Relationship of Command.

Neste álbum Jim Ward regresa novamente á banda e estréase nas voces no tema "Hourglass".

Antecedentes e gravación[editar | editar a fonte]

Durante a gravación do álbum, a banda enfrontouse a unha especie de crise ao non atopar un selo que puidese publicar o disco. Nese momento, Flipside, o selo que publicara Acrobatic Tenement, deixara de editar disco, e Offtime Records, que lanzara o EP El Gran Orgo o ano anterior, tiña problemas económicos e non estaba en situación para facer novos lanzamentos. Chegado a un punto o grupo considerou publicar eles mesmos o traballo ata que Fearless Records ofreceu a súa axuda.[1]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Alpha Centauri"   3:13
2. "Chanbara"   2:59
3. "Hulahoop Wounds"   3:24
4. "Napoleon Solo"   4:48
5. "Pickpocket"   2:38
6. "For Now..We Toast"   3:02
7. "A Devil Among the Tailors"   3:12
8. "Shaking Hand Incision"   3:36
9. "Lopsided"   4:41
10. "Hourglass"   3:25
11. "Transatlantic Foe"   3:37
38:39
Cancións extra da edición xaponesa
N.º Título Duración
12. "Proxima Centauri"   2:48
13. "Doorman's Placebo"   5:33
47:00

Persoal[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Punknews.org (2006-04-06). "Interviews: At the Drive-In". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2023-10-26.