Saltar ao contido

Improvisación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músico de jazz Sonny Rollins en 2007.
O músico de jazz Sonny Rollins en 2007.
Improvisación dun cuarteto de jazz sobre unha progresión II-V-I.
A improvisación é amplamente usada na música, pero está presente en todos os niveis da vida cotiá, como ó manter unha conversa con outra persoa.[1]

A improvisación consiste en concibir e executar calquera acción de forma simultánea e á súa vez, de manter unha conversación sen unhas directrices previas, como un guión, aínda que poida estar carente dunha intención artística.[2]

De forma semántica, improvisar significa realizar algo sen telo preparado con anterioridade.[3] Con todo, pode ocorrer que sexa necesaria unha preparación previa para poder improvisar, aínda que outros autores renegan desta idea. Así, un músico pode necesitar ter un certo dominio técnico e musical para improvisar unha obra musical nun piano; pero non deixa de ser certo que unha persoa que non toque xamais ese instrumento pode premer as teclas como lle pareza e producir así unha composición artística.[4][5]

Son os valores estéticos ou comunicativos de cada individuo o que determinará a calidade artística do resultado. Seguindo co exemplo, non é equiparable a improvisación dunha persoa que non está iniciada na música, cuxo obxectivo pode ser a mera experimentación, coa improvisación dun músico profesional, que busca un valor engadido co que agradar á súa audiencia.[6]

A improvisación libre en teatro

[editar | editar a fonte]

Como disciplina/técnica teatral, a improvisación proporciona a oportunidade de actuar constantemente realizando exercicios cos recursos dispoñibles e a imaxinación. Mediante este procedemento fortalécese o traballo en equipo.

A intuición do actor permítelle actuar nas situacións inesperadas e solucionar os imprevistos na escena. Saber improvisar é un valioso recurso durante a montaxe dunha obra para resolver os problemas que xorden, tanto nos ensaios como na presentación.

Cando se realizan improvisacións os actores deben ter en conta as posicións individuais e saber compartir a escena cos seus compañeiros de actuación, ademais, desprazarse con sumo coidado cara a determinada zona do escenario.

Para lograr unha boa técnica de improvisación requírese:

  • Escoita: Capacidade para percibir a contorna e interpretala e así ofrecer unha resposta a cambio.
  • Aceptación: Todas as ideas son incorporadas e asumidas como a mellor e única, non se deben xulgar as propostas.
  • Imaxinación: Para reaccionar ante as circunstancias dadas. A habilidade para unir diferentes conceptos nun novo, creando novos significados.
  • Espontaneidade: Reaccionar aos estímulos de maneira auténtica, sen pensalos. A autenticidade do improvisador determínase pola súa profunda honestidade ao improvisar, pola menor cantidade de censuras que teña entre o seu inconsciente e consciente.
  • Atención: Capacidade para percibir a contorna. Escóitaa ante todos os estímulos, do presente, aquí e agora.

A improvisación en danza

[editar | editar a fonte]

Xorde como unha forma de expresarse máis libremente co corpo e como forma de investigación, saíndo das estruturas que ten unha coreografía e dos patróns cotiáns de movemento buscando movementos corporais máis propios do bailarín e a exploración e utilización do espazo con maiores posibilidades.

Tómase o movemento como elemento principal de creación e baséase na escoita e a posibilidade de experimentar e crear cos movementos e os estímulos dos que se dispoñen e elíxense para cada improvisación.

Bailaríns e coreógrafos que foron pioneiros en improvisación en danza: Isadora Duncan, Martha Graham, Merce Cunningham ou Steve Paxton.

A improvisación na poesía

[editar | editar a fonte]

Formas improvisadas de poesía existen desde a antigüidade en todas as culturas e transmitíronse ás veces até hoxe, como o bertsolari vasco. En Gascuña desenvolveuse con poetas como Bernard Manciet, Michel Ducom, Méryl Marchetti, e músicos de jazz (Michel Portal, Bernard Lubat, Louis Sclavis) formas de improvisación poética oral máis modernas, ancoradas na poesía contemporánea e inspiradas do free jazz.

A improvisación na música

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Improvisación musical.

En música, improvisar, é cando xa non se pode aceptar as condicións de crear unha melodía cun carácter propio tomando como referencia unha idea ou modelo que o músico escoitou ou imaxinado previamente. A improvisación adóitase facer sobre unha progresión de acordes utilizando os modos gregos e algunha escala en particular, por exemplo as escalas pentatónicas. A escala pentatónica consiste en comezar cunha escala maior e eliminar a cuarta e a sétima. Por exemplo, na escala de do maior (que contén do, re, mi, fa, sol, la, si), omítense o cuarto e o sétimo grao (fa e si). Obtense entón a escala pentatónica maior do, re, mi, sol, la. En canto á pentatónica menor, a outra maneira é comezando cunha escala menor e eliminar a segunda e a sexta menor. Por exemplo a escala de la menor (que contén la, si, do, re, mi, fa, sol), omítense os graos segundo e sexto menor (si e fa). Obtense así a escala pentatónica menor la, do, re, mi, sol, la.

Cando un músico é experimentado pódense facer variacións fóra do ton ou por exemplo intercambios modais para facer máis amena a escoita, tanto para o músico como para o oínte. Tamén é moi importante unha articulación correcta dentro do estilo no que se está improvisando para transmitir o mellor ao público.

Outro estilo de improvisación recoñecido a nivel musical, é o que se denomina Freestyle rap, o cal se basea na improvisación de rimas sobre unha base, normalmente de rap ou de trap. Este estilo de improvisación é coñecido tanto nos países angloparlantes, como nos hispanoparlantes, tendo neste último a representantes do calibre de Aczino e Cuty, os cales compiten a nivel hispanoparlante polo posto do mellor nesta disciplina. Remarcar un estilo propio para esta disciplina é algo difícil, xa que non ten un estilo demasiado marcado, excepto o feito de que se divida as participacións en patróns de 4/4, o resto de conceptos déixase a liberdade do participante, por exemplo a rima, a cal pode ser un simple pareado (AABB) até métricas bastante complexas, con uso de recursos poéticos moi elaborados, como o exemplo do uso de multisilábicas por parte de rapeiros como Zasko, Compare, ou Bnet, que basean o seu estilo de rap nas estruturas e métricas. Outros recursos son a comparación e a metáfora, as cales son moi utilizadas por rapeiros españois en xeral, que centran o seu estilo no enxeño das rimas

  1. Molina, Emilio (2008). "La improvisación : definición y puntos de vista." (PDF). Música y educación: revista trimestral de pedagogía musical XXI (75): 78–94. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. Hablar de las improvisaciones geniales de ciertos músicos no es el mejor medio de promover la improvisación como guía pedagógica; (···) Mientras que la propuesta que queremos hacer es justo la contraria. Nadie se maravilla con aquel que improvisa una conversación normal con su vecino, ni envidia al que sabe comunicarse con el tendero de la esquina; estas actividades se consideran normales, porque lo son, y sin embargo precisan de la utilización libre del lenguaje y por tanto suponen su conocimiento en profundidad. 
  2. Molina, Emilio (2008). "La improvisación : definición y puntos de vista." (PDF) XXI (75): 78–94. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. Improvisar es crear a la vez que se ejecuta o ejecutar a la vez que se crea 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para improvisar.
  4. Pedrell, Felipe (1894). Isidro Torres Oriol, ed. Diccionario técnico de la música. p. 228. La acción de improvisar en música requiere gran dominio en la composición, estar bien iniciado en los recursos del arte y dominar el instrumento sobre el cual se improvisa si la improvisación es, a la vez instrumental 
  5. Hemsy de Gainza, Violeta (1983). La improvisación musical. Ricordi. p. 29. ISBN 978-950-22-0266-2. No necesita ser músico un individuo para producir, moviendo libremente los dedos sobre un teclado o soplando una armónica o melódica su propia melodía o danza... 
  6. Molina, Emilio (2008). "La improvisación: definición y puntos de vista." (PDF) XXI (75): 78–94. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. No se maneja el mismo concepto de improvisación si nos referimos a un clarinetista de jazz que si utilizamos esa misma palabra en referencia a los balbuceos de un niño de cuatro años. Sin embargo ambos hechos son contemplados como improvisación dependiendo del punto de vista que se adopte. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]