Imposto revolucionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Imposto revolucionario, tamén coñecido como vacina extorsiva, é a denominación que adoitan dar determinados grupos terroristas á extorsión económica. Realízano determinadas organizacións armadas e grupos terroristas que perseguen obxectivos políticos. Algunhas destas organizacións, que o exerceron ou aínda o exercen, son a IRA en Irlanda, ETA en España, as FARC en Colombia, A Fronte Bolivariano de liberación e ELN en Venezuela, e a liga Comunista 23 de setembro en México.

Proceso[editar | editar a fonte]

A banda armada adoita enviar remesas de cartas ó grupo de empresarios seleccionados. Nela lémbraselles o seu "deber" de contribuír á loita pola liberación da patria ou dalgunha revolución e lémbraselles que de non facelo el e os seus bens serán obxectivos de atentados terroristas, aínda que se a linguaxe está moderado pola situación política adóitanse utilizar outros termos.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Durante a Revolución Cubana, o Movemento 26 de xullo obtivo recursos por este medio, cobrándolle principalmente ós enxeños azucreiros, os gandeiros e a banca.[1]

No caso de ETA, o chamado imposto revolucionario, dependendo da situación política, incluía dende peticións cordiais para a construción do fin político da organización, até ameazas de morte contra os suxeitos elixidos ou as súas familias (empresarios, profesionais, etc.) no caso de que non se pagase a cantidade esixida. Estas situacións repetíronse con máis ou menos frecuencia ata que en marzo de 2011 ETA anunciou que cancelaba a súa extorsión.[2]

Todo o proceso de selección, información, presións e cobro efectivo, ía marcado por características coñecidas nas organizacións de crime organizado, nalgúns casos, e realizado por persoas pertencentes ás diferentes organizacións legais da contorna das bandas armadas. No caso de ETA, calcúlase que recadaba aproximadamente 1,5 millóns de euros cada ano por esta vía.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]