Imperio de Tesalónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Imperio de Tesalónica é un termo historiográfico utilizado por algúns académicos modernos para se referiren ao efémero estado grego bizantino centrado na cidade de Tesalónica entre 1224 e 1246 e gobernado pola dinastía Comneno Ducas de Epiro. No momento da súa creación, o Imperio de Tesalónica baixo o capaz Teodoro Comneno Ducas rivalizaba co Imperio de Nicea e o Segundo Imperio búlgaro como o estado máis forte na rexión, e aspiraba á captura de Constantinopla, pondo fin ao Imperio latino, e restaurando o Imperio bizantino que se extinguira en 1204.

O ascenso de Tesalónica foi breve, xa que finalizou coa desastrosa batalla de Klokotnitsa contra Bulgaria en 1230, onde Teodoro Comneno Ducas foi capturado. Reducido a un vasalo de Bulgaria, o seu irmán e sucesor Manuel Comneno Ducas foi incapaz de evitar a perda da maior parte das conquistas do seu irmán en Macedonia e Tracia, mentres que o núcleo orixinal do estado, Epiro, foi separado baixo Miguel II Comneno Ducas. Teodoro recuperou Tesalónica en 1237, instalando ao seu fillo Xoán Comneno Ducas, e despois ao seu outro fillo, Demetrio Comneno Ducas, como gobernantes da cidade, mentres que Manuel, co apoio de Nicea, se apoderou de Tesalia. Os gobernantes de Tesalónica levaron o título imperial desde 1225/7 até 1242, cando se viron obrigados a renunciaren a iso e recoñeceren a soberanía do Imperio de Nicea. Os Comneno Ducas continuaron gobernando como déspotas de Tesalónica durante catro anos máis despois diso, pero en 1246 a cidade foi anexada por Nicea.

Gobernantes[editar | editar a fonte]

Emperadores de Tesalónica[editar | editar a fonte]

Déspotas de Tesalónica[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]