Imperio de Oyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio de Oyo.

O Imperio de Oyo (en yoruba: Ilú-ọba Ọ̀yọ́) foi un estado yoruba que ocupou o que hoxe é o oeste e o norte de Nixeria. Estabelecido no século XIV, converteuse nun dos estados máis amplos da África precolonial cos que se atoparon os exploradores europeos. Conseguiu a preeminencia a través das habilidades organizativas excepcionais dos yoruba, a riqueza gañada co comercio e a súa posesión dunha poderosa cabalaría. O imperio foi unha potencia rexional entre mediados do século XVII e finais do século XVIII, exercendo a súa influencia sobre o Reino de Dahomey e outros reinos do que hoxe é Nixeria, Benín e Togo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]