Ilves (fútbol)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC Ilves
Fundación10 de abril de 1931
EstadioTammelan stadion,
Tampere, Finlandia Finlandia
Inauguración1931
Capacidade5 050
PresidenteFinlandia Kari Pansio
AdestradorFinlandia Jarkko Wiss
LigaVeikkausliiga
20229.º
VestimentaAdidas
Na rede
https://ilvesedustus.fi
Titular
Alternativo
Seccións activas do
Ilves
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino) Special hockey
Parahockey

O Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarilla e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.

O Ilves gañou o campionato finlandés nunha ocasión (1983), obtendo ademais unha medalla de prata (1985) e dúas de bronce (1984 e 2017); tamén se proclamou tres veces campión da Suomen Cup (1979, 1990 e 2019). En 2019 equipo ocupaba a novena posición na clasificación histórica da liga.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Ilves foi fundado no instituto Tampereen Lyseo o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo, que era profesor no centro, para que o alumnado puidera practicar deportes de pelota.[2]

Se ben o Ilves xogou o seu primeiro encontro o 7 de maio de 1931 fronte os Tampereen Palloilijat, non foi ata o 27 de maio dese mesmo ano cando se uniu á Asociación de Fútbol de Finlandia.[3]

O 30 de xullo de 2016, con motivo do seu 85 aniversario, o equipo xogou un partido amigable fronte o Valencia Club de Fútbol no estadio de Ratina.[3] O equipo español acabaría impoñéndose por 1-4 (0-3 ao descanso).[4] A pesar de que o estadio contaba cunha capacidade máxima para 16 800 persoas, o partido só congregou a pouco máis de 6 000, posiblemente debido ao elevado prezo das entradas.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Finnish League Premier Division (Mestaruussarja/Veikkausliiga): All-Time Tables 1930-2019" (en inglés). RSSSF.com. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  2. "Seuran esittely" (en finés). Ilves ry. Consultado o 29 de agosto de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Historia – Ilves jalkapallo" (en finés). Ilves Edustus Oy. Consultado o 29 de agosto de 2023. 
  4. "VALENCIALLE VIERASVOITTO ILVEKSEN JUHLAOTTELUSSA" (en finés). Ilves Edustus Oy. Consultado o 29 de agosto de 2023. 
  5. Siltanen, Mari (1 de agosto de 2016). "Ilves–Valencia-juhlapelin jälkipuheet: Miksi liput olivat kalliita?". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 29 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]