Illa do Diaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa do Diabo»)
Illa do Diaño
Île du Diable
Localización da illa
Situación
País Francia
Departamentos e territorios de ultramar de FranciaGüiana Francesa
ArquipélagoIllas da Salvación
MarOcéano Atlántico
CoordenadasCoordenadas: 5°17′38″N 52°35′00″O / 5.29389, -52.5833
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie0,14 km²
Punto máis alto40 m
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A Illa do Diaño[Cómpre referencia] (en francés "Île du Diable") é a illa máis pequena das tres Illas da Salvación (en francés Iles du Salut), localizada a 11 km da costa de Güiana Francesa ten unha área de 14 hectáreas. As súas coordenadas xeográficas son: 5°17'N, 52°35'W. A illa foi utilizada como unha colonia penal francesa, moi famosa pola brutalidade con que eran tratados os prisioneiros.

A illa é rochosa e esta cuberta de selva tropical. Ten unha altitude media de 40 metros sobre o nivel do mar. Foi aberta en 1851 por Napoleón III para albergar todo tipo de prisioneiros, desde asasinos a criminais políticos. A pesar de que os edificios administrativos se atopaban en Kourou en terra firme, co tempo todo o complexo foi chamado A Illa do Diaño.

Desde 1852 ata 1938 chegaron máis de 80,000 prisioneiros, e debido ás terribles condicións sanitarias da illa, a maioría nunca volveron ser vistos. A única forma de escapar era por bote, e logo debía superarse unha selva impenetrable, polo que poucos convictos lograron escapar.

Algúns sobreviventes deixaron relatos dos horrores do penal, entre eles atópase o anarquista Clément Duval, o autor de Papillon Henri Charrière e o famoso capitán Alfred Dreyfus, que estivo alí máis de catro anos ata que foi perdoado en 1899 e finalmente declarado inocente en 1906.

O penal foi clausurado en 1946 e a maioría dos prisioneiros regresou a Francia, aínda que algúns decidiron quedar na Güiana Francesa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]